MARÍN
Tódalas artes no Día das Letras
A Asociación Queremos Galego, o Ateneo Santa Cecilia e a Concellería de Cultura de Marín organizan os actos cos que desde onte se celebra a festa da cultura galega

Escolares premiados no concurso literario organizado polo Ateneo Santa Cecilia. // Santos Álvarez
F.M.
A "Exposición das Letras Galegas", organizada pola Asociación Queremos Galego Marín, servíu de limiar á celebración do Día das Letras Galegas nesta vila. A mostra, que se expón no Museo Municipal, está integrada por 37 ilustracións elaboradas polo debuxante cuntiense Héitor Picallo, nas que caricaturiza a todos os autores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Esta mostra poderá visitarse no horario do Museo Manuel Torres até o venres 23 de maio.
As caricaturas dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas, desde Rosalía de Castro até Xosé María Diaz Castro, están feitas con recortes de xornais en galego, tintas chinesas, teas de tapizar, cortiza de sobreira, madeira de castiñeiro, madeira de cedro e, sobre todo, acuarela e augatinta.

Tódalas artes no Día das Letras
Tamén onte presentouse neste espazo o novo libro do propio Héitor Picallo, "Coa lingua na terra". Publicada pola editorial Toxosoutos e prologada por Xosé María Lema Suárez, esta obra é unha escolma de artigos publicados en distintos medios de comunicación e na páxina web da Plataforma Prolingua e, xunto con outros textos inéditos, amosan o compromiso do autor coa defensa da lingua e cultura galegas. O libro inclúe, ademais dos artigos, outros retratos de escritores e autores admirados por Picallo, feito que o converten nunha obra singular.
Ateneo
Dentro dos actos previos á festa que hoxe se celebra, o Ateneo de Marín entregou os premios do XIX Concurso de Narracións Curtas. Os gañadores foron, na Categoría A, Joel Viñas González, Candela Santiago Bermúdez e Naomi Pousada Alias, os tres do colexio A Inmaculada. Na Categoría B os premiados son Elena Garnelo González, Iris, e Iván Lourido López, dos colexios Sagrado Corazón e A Inmaculada. Os galardonados da Categoría C son Nerea Dopazo Dalmau, Katherine Rossmery Yapurasi Romero e Nerea Fariña Sánchez (da Inmaculada as tres) e, por último, na categoría D, as vencedoras foron Marta Area Pesqueira, Jorge López Otero e María Fonseca García, tamén da Inmaculada nos tres casos.
Hoxe
O salón de actos do Museo Manuel Torres acolle hoxe, ás 12.30 horas, a entrega do XIII Premio de Narracións Curtas Concello de Marín, nas categorías de adultos e escolares, que organiza a Concellería de Cultura.
- Consulta las notas de la PAU 2025 en Pontevedra
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- Investigan por seis agresiones sexuales a menores a un joven monitor de la piscina de Marín
- Prisión sin fianza para un sexto implicado en la pelea de Barcelos
- Polémica por la procesión del Corpus de Pontevedra: el Gremio de Mareantes renuncia a participar
- Moraña declara luto oficial exactamente igual por ambos muertos de Campo Lameiro pese al historial violento de él
- La muerte de la pareja calcinada en Campo Lameiro, investigada como posible crimen machista
- La Guardia Civil denuncia a 67 conductores con motivo del Rallye de Pontevedra