Un día para festexar a lingua dos galegos
Música, xadrez, a homenaxe a Díaz Castro, unha visita dramatizada ó Museo e o recital de Amancio Prada festexan hoxe o Día das Letras

Os alumnos do CEIP Vilaverde na presentación de "A nena e o grilo nun barquiño". // Gustavo Santos
S. R. | PONTEVEDRA
"A nena e o grilo nun barquiño" é o título do disco que Magín Blanco presentou onte no colexio Vilaverde. Foi un recital no que participaron activamente os alumnos, que acompañaron ós cantantes nun día de festa adicado ás Letras Galegas.
Éstas tamén protagonizaron o programa "Dalle á Lingua" de Onda Cero que gravaron os nenos da Escola Infantil de Verducido.

Un día para festexar a lingua dos galegos
Os cativos fixeron colleita entre as súas familias de refráns, ditos, cancións e adiviñanzas que tiveran que ver coa labranza para facer un libro do traballo na horta da escola e recitaron e cantaron parte da súa colleita lingüística para o programa de radio.
Pola súa banda, os alumnos do IES Ponte Caldelas e os do colexio Manuel Cordo Boullosa xuntaronse nunha festa na que non faltou un pasarrúas, poesía, música tradicional e hip-hop, baile etc.
"Na casa e na escola, o galego mola", foi o lema desta celebración que a organización agarda que se consolide ou, aínda mellor, "que entre todos fagamos que a lingua teña 365 días de festa".
tras do preludio dos máis novos, na cidade do Lérez multiplicaranse hoxe as actividades que festexan o Día das Letras. As primeiras serán as partidas simultáneas de xadrez a partir das 10 horas na praza de Santa María.
Ás 12 actuará na Peregrina o grupo de música tradicional Maravallada. Tamén abrirá na praza de Ourense a exposición "Chamadeiros" e ás 20 horas celebrarase na praza de Curros Enríquez o acto popular de homenaxe a Díaz Castro, poeta ó que se adica este ano o Día das Letras.
No acto, que comezará ás 20 horas diante do alfombrado de pétalos que farán os veciños, participarán a Coral Polifónica de Sobradelo, o coro da Asociación Sociocultural do Burgo e a Banda de Música de Pontevedra.
A música tamén será a protagonista no Teatro Principal, neste caso ás 20.30 horas co concerto do Día das Letras que ofrecerá a Banda de Salcedo e no que terán cabida pezas clásicas galegas como Negra Sombra.
O Museo, pola súa banda, celebrará ás 12 horas no sexto Edificio a sesión de contacontos a cargo de Raquel Queixás.
A institución cultural tamén programa para hoxe a visita dramatizada "Unha i-alma no Museo", vinculada ás obras que se expoñen nas salas Castelao. Terá lugar no Sexto edificio ás 21.30 horas e precisa inscripción no 986804100 ou a dirección gabinetedidactico.museo@depo.es.
Tamén para comemorar o Día das Letras, Amancio Prada presenta no centro Novacaixagalicia ás 20 horas o espectáculo músico teatral "A Rosalía de Federico".
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Sorteados 74 pisos públicos en Pontevedra: «Llevaba doce años esperando; es una nueva vida»
- Una mujer agrede a un guardia civil tras una fuga temeraria en un coche robado por Pontevedra
- El pontevedrés que quedó atrapado en Irán ya pudo salir del país: «Estamos en Armenia»
- El cierre de varios comercios modifica de nuevo la «milla de oro» de la ciudad
- Ensayo de asalto en plena ría
- Muere Manuel Lozano, de la familia propietaria de la plaza de toros de Pontevedra
- La Guardia Civil hizo 150 intervenciones con la mujer fallecida en Campo Lameiro