A Praza da Peregrina acollerá mañán un acto en defensa da lingua galega

Os institutos Carlos Oroza e Montecelo festexan hoxe o Día das Letras

REDACCIÓN | MARÍN

A plataforma Queremos Galego convocou unha concentración pola lingua de Galicia que se celebrará mañán na Praza da Peregrina, ás 12.00 horas. O acto ten como lema "Un paso adiante e outro paso adiante polo galego", un xogo co verso do poema "Penelope" de Díaz Castro, autor homenaxeado no día das letras. Queremos Galego fai fincapé na necesidade de "mobilizarse para defender o dereito a vivir en galego" e critica as diferentes medidas adoptadas polos gobernos da Xunta que supoñen "pasos atrás" na normalización do galego, como a prohibición de impartir nas aulas determinadas materias en galego, recurtes nos cursos Celga, falla de axudas á cultura, etc). A Asociación Amigos da Cultura e A Mesa pola Normalización súmanse a esta convocatoria.

Por outra banda, os institutos Carlos Oroza e Montecelo celebrarán a Festa das Letras Galegas con música, teatro e un xantar, hoxe, ás 12.00 horas.

Ademáis, a Escola de Xadrez e a Asociación de Veciños Santa María festexan esta data con partidas simultáneas de xadrez, tamén mañán, a carón da basílica de Santa María, desde as 11.00 horas.

Tracking Pixel Contents