Queremos Galego convoca unha concentración polo dereito a vivir nesta lingua
Denuncia os "pasos atrás" que a Xunta ven dando no proceso de normalización
REDACCIÓN | PONTEVEDRA
A plataforma Queremos Galego convoca unha concentración o sábado 17 de maio na Praza da Peregrina, ás 12 da mañá, baixo o lema "Un paso adiante e outro paso adiante polo galego", un xogo co verso do poema "Penelope" de Díaz Castro, autor homenaxeado no día das letras deste ano.
Os voceiros de Queremos Galego en Pontevedra, Sabela Bará e Quico Dasilva, fixeron fincapé na necesidade de "mobilizarse para defender o dereito a vivir en galego" e fixeron un repaso ás diferentes medidas adoptadas polos gobernos da Xunta que supoñen "pasos atrás" na normalización do galego, como a prohibición de impartir nas aulas determinadas materias en galego, recurtes nos cursos Celga, falla de axudas á cultura, etc).
A Asociación Amigos da Cultura súmase a esta convocatoria, mentres que os institutos Carlos Oroza e Montecelo celebrarán a Festa das Letras Galegas con música, teatro e un xantar, o venres 16, ás 12.00 horas.
A Escola de Xadrez e a Asociación de Veciños Santa María festexan esta data con partidas simultáneas de xadrez, o día 17, a carón da basílica de Santa María, desde as 11.00 horas.
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Consulta las notas de la PAU 2025 en Pontevedra
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- Investigan por seis agresiones sexuales a menores a un joven monitor de la piscina de Marín
- Detenido en Lleida el principal autor de la brutal pelea de Pontevedra
- Un hogar longevo que ya suma 268 años
- Polémica por la procesión del Corpus de Pontevedra: el Gremio de Mareantes renuncia a participar
- Un pontevedrés, atrapado en la capital de Irán tras anularse su vuelo de salida