SANXENXO
El Pazo da Cultura acolle os actos centrais do Día das Letras Galegas
Unha charla, música e unha interpretación narrativa centran as actividades
REDACCIÓN
O Concello de Sanxenxo desenvolverá o vindeiro sábado un acto conmemorativo do Día das Letras Galegas que xirará en torno a Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado nesta edición.
A Concellería de Cultura, en colaboración coa asociación cultural Ecobateas, porá en marcha un festival aberto a todo o público e que comezará ás 20.00 horas no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán, situado en Miraflores.
"A idea da organización é abrir a celebración dun día tan noso e especial, como é o 17 de maio a todo os veciños e veciñas facendo que pasen un intre agradable entre as nosas letras", sinalou a concelleira delega desta área, Paz Lago.
Actos
Por iso, ademais dunha charla sobre Xosé María Díaz Castro, a proposta municipal incluirá unha proxección audiovisual na que os cidadáns deste municipio serán os protagonistas.
De feito, nenos e maiores explicarán ante a cámara o seu sentimento sobre o idioma galego.
Posteriormente, un grupo de veciños e veciñas realizará unha interpretación narrativa 'A tía Lambida' de Eduardo Blanco Amor. "Tamén haberá unha sorpresa dentro do ámbito musical cunha peza creada especialmente para ese día", adiantou a concelleira.
Concerto
Para rematar o festexo, a Banda de Música de Sanxenxo, integrada por xóvenes valores, ofrecerá un concerto cun repertorio ensaiado especialmente para este acto que terá como escenario o auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.
- El pontevedrés que quedó atrapado en Irán ya pudo salir del país: «Estamos en Armenia»
- El cierre de varios comercios modifica de nuevo la «milla de oro» de la ciudad
- Ensayo de asalto en plena ría
- Rescatan a una nonagenaria en Poio que llevaba tres días tirada en el suelo de su casa
- Más de 400 obras y 101 días de «explosión cultural», propuesta de la 32 Bienal de Arte
- Un taller para cuidar a quien más cuida
- La Bienal de Pontevedra vuelve «con todo su esplendor»
- El rey Juan Carlos participa en un día de navegación con la infanta Margarita y sus sobrinos