POIO
Letras Galegas todos os días
O programa do 17-M aboga pola reivindicación constante da lingua

As edís Díaz e Salgueiro, con Agulla, da SCD Raxó. // G. S.
M. Q.
O Día das Letras Galegas preséntase en Poio como unha reivindicación polo uso e normalización da lingua propia nos diferentes eidos da sociedade. Unha semana antes de que se conmemore esta data, o Concello, en colaboración coa Sociedad Cultural e Deportiva de Raxó, presentou un programa de actos que vai máis aló das propostas eminentemente literarias.
Será este próximo xoves, día 15, cando os escolares máis cativos disfruten dunha mañá de lecer no Parque da Memoria, na Seca. Baixo o título "Medremos co galego", nesa xornada mestres e gobernantes municipais explicarán aos rapaces o significado das figuras do recinto xusto antes de participar nunha xincana e xogos co gallo de incluir e aumentar o uso do idioma no seu tempo de lecer.
Por outra banda, xa no día 17, a actividade comenzará no peirao de Raxó, a partir das 10.30 horas coa carreira popular Pola nosa lingua. A tradicional competición impulsa tamén o galego nun mundo, o deportivo, no que o seu uso, en xeral, está menos extendido. A cita terá diversos percorridos en función das categorías de idade, que parten dos tres anos.
Pola tarde (17.30 horas), no centro Xaime Illa, a escritora Concha Blanco, especializada en libros infantís e xuvenís, dará unha charla. Será o aperitivo para a entrega do certame de concurso literario co que se premia a creatividade poética e de relatos entre escolares e también aficionados adultos de todo o municipio.
- Consulta las notas de la PAU 2025 en Pontevedra
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- Investigan por seis agresiones sexuales a menores a un joven monitor de la piscina de Marín
- Prisión sin fianza para un sexto implicado en la pelea de Barcelos
- Sufre la amputación parcial de una mano por la hélice de un parapente tras aterrizar en Poio
- El ADN confirma que los cuerpos calcinados en Campo Lameiro son los de la pareja desaparecida en Moraña
- El alcalde de Moraña, sobre los fallecidos en Campo Lameiro: «Trasladamos el pesar a la familia en estos momentos difíciles»
- Moraña declara luto oficial exactamente igual por ambos muertos de Campo Lameiro pese al historial violento de él