MARÍN

Autores de distintos puntos de España concorren ao Premio de Narración Curta de Marín

O xurado recibe 17 traballos válidos

REDACCIÓN

Un total de 17 traballos presentáronse ó XIII Premio de Narración Curta Concello de Marín, organizado co gallo do Día das Letras Galegas e dotado cun premio de mil euros. O xurado avaliador comprobouse que todos os traballos reunían as condicións esixidas na convocatoria, deixando as plicas dentro de cada un dos sobre ata o día do fallo.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, salientou que este ano houbo unha gran participación de traballos, moitos deles procedentes de diversas capitais españolas, polo que se desprende que a difusión do premio foi boa. Animou aos escritores a presentarse a este XIII Premio de Narración que se mantén no tempo "e ao que se lle está dando un verdadeiro pulo para que, tanto nesta edición como en futuras, sega medrando en calidade e participación". Os traballos presentados son "A pluma peregrina da ave zamán", "O amor conleva risco", "Raíces", "Debuxo da pedra", "Ensalada no serán", "As cousas segundo como se entendan", "A balea e Lucía", "Alopecias nas paredes", "A hostia amarga", "Un conto de verán", "Os recordos durmidos", "Unha difícil decisión", "Somos da terra, paisaxes por descubrir", "O enxeñeiro", Non cumpre as bases", "Onde nace o silencio" e "Plateado".

Tracking Pixel Contents