"Maio, Mes da Lingua" propón ata xuño máis de medio cento de actividades adicadas ó galego
REDACCIÓN | PONTEVEDRA
Maio durará en Pontevedra ata xuño ou, ó menos, así o fará o programa "Maio, Mes da Lingua", con máis de 50 actividades adicadas ó galego na que colaboran 40 entidades do concello, ás que o concelleiro de Normalización, Demetrio Gómez, agradeceu onte a súa colaboración desinteresada.
O concelleiro destacou que a lingua dos galegos "está viva, hai unha sociedade que pula, traballa e que lle quere ó galego". Especialmente, referiuse as numerosas actividades organizadas polos profesores "contra as directrices da Xunta".
A carreira "Correlingua", que o vindeiro luns convocará en Pontevedra a máis de 1.000 rapaces, conferencias, música, a Mostra de Teatro Ben Veñas, Maio, teatro, sesións lectoras, ou festivais serán algunas das actividades.
Demetrio Gómez destacou especialmente a exposición "Chamadeiros" adicada á toponimia do concello, un proxecto prácticamente rematado (quedan só duas parroquias por completar) e que se presentará ao público en varias mostras ó longo deste mes.
A primeira será "Chamadeiros de Pontevedra" que se inaugurará o vindeiro 17, Día das Letras Galegas, no que tampocuo faltará o acto popular en homenaxe ó poeta Díaz Castro que organiza a Asociación Sociocultural O Burgo.
Tambén haberá nos días seguintes exposicións "Chamadeiros" en Marcón, Tomeza, Mourente, Santo André, Santa María de Xeve e Verducido.
O alcalde recibirá o día 28 ós máis de 200 veciños do concello que colaboraron para identificar os nomes de lugares, fincas, fontes etc que figuran neste programa de conservación da toponimia.
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- Prisión sin fianza para un sexto implicado en la pelea de Barcelos
- Sufre la amputación parcial de una mano por la hélice de un parapente tras aterrizar en Poio
- El ADN confirma que los cuerpos calcinados en Campo Lameiro son los de la pareja desaparecida en Moraña
- «En diez días la unidad multinacional está desplegada lista para actuar»
- Las fiestas de San Xoán reunirán en seis días a ocho de las mejores orquestas de Galicia
- El alcalde de Moraña, sobre los fallecidos en Campo Lameiro: «Trasladamos el pesar a la familia en estos momentos difíciles»
- Investigan a un monitor de la piscina de Marín por supuesta agresión sexual a dos niñas menores