POIO

Os maios ou a festa dos cores e da primavera

O Mosteiro e Combarro acolleron a tradicional celebración

Los integrantes de Mare Podium celebran el triunfo.  // Gustavo Santos

Los integrantes de Mare Podium celebran el triunfo. // Gustavo Santos

M. Q.

Tradición, cores, creatividade e a primavera na súa máxima expresión conquistaron un ano máis a cativos, mozos e maiores de Poio. A Praza do Mosteiro e Combarro rendíronse novamente á imaxinación e laboriosidade dos maios, unha das celebración más antigas de cultura popular galega e que ten no municipio un arraigo a proba de xeracións.

Un total de 13 maios participou pola mañá, no primero deses emplazamentos, no certame organizado pola Concellería de Cultura. Boureante, Chupipando-Vilariño, CEIP Espedregada, Fontenla, Laretas, Ludomaio, Mare Podium, Pequecheiro, Pimpín, Revaleira e Ronsel competían por acadar o primeiro posto en varias categorías: mellor conxunto, coplas, actuación, maio, coroa e barco tradicional.

Premios

Mare Podium obtivo triunfos en todas as categorías agás a última, na que rematou terceiro. Foi o colectivo presentado como Chupipandi o que recolleu a maior puntuación por parte do xurado. Ademáis foi segundo en dúas categorías (mellor conxunto e coroa) e terceiro noutras tres (coplas, actuación e maio). A maioría do premios, polo tanto, repartíronse entre estas dúas propostas e as achegadas por Fontenla (segundos postos en coplas, actuación e barco tradicional) e Pimpín (dous terceros postos en mellor conxunto e coroa e un segundo en maio).

Todos os maios recibiron 150 euros e dúas rosas por participar. Ademáis, outros dous foron presentados fóra do certame. Foi o caso dos que fixeron os máis pequenos, alumnos das escolas infantís de Saíñas e Tarrío.

Combarro recolleu pola tarde a testemuña desta xornada de típica celebración. Foron 10 as propostas que puideron contemplar os veciños e visitantes na Praza da Chousa. O grupo de gaitas Vides Novas aportou a nota musical apenas uns intres antes de que os diferentes grupos comezasen con cadansúa actuación.

Tracking Pixel Contents