O sector estudia por en marcha unha tarxeta de desconto para turistas

O edil de Turismo convocou aos empresarios da cidade para analizar la "Pontevedra VisitCard"

Redacción - Pontevedra

Una xuntanza entre o concelleiro de Turismo, Julio Castela, e empresarios e representantes das asociacións de comercio e turismo, serviu para pulsar a posibilidade de poñer en marcha a tarxeta "Pontevedra VisitCard", un elemento que permitirá aos turistas a obtención de descontos en moitos estabelecementos.

A tarxeta, similar a existente noutras cidades españolas, é unha iniciativa máis ao calor da empresa municipal de turismo e preténdese que poida estar en funcionamento para a tempada de verán.

Pontevedra sería a segunda urbe galega, detrás da Coruña, en implantala, segundo indicou a Concellería de Turismo, que engade que quedan por pechar importantes detalles como o custo, o período de vixencia, o alcance dos descontos e os puntos de comercialización entre os que estaría, en todo caso, a sede da propia empresa municipal, ou sexa, a Casa do Turista.

O concelleiro explicou que Pontevedra é, como indica o seu lema, a Capital das Rías Baixas e, como cabeceira dunha comarca de grande pulo turístico, debe poder ofrecer a todos os visitantes incentivos que os animen a coñecer a súa oferta gastronómica, cultural, de compras, diversión e natureza. En opinión de Castela, "Pontevedra VisitCard" pode ser outro elemento colaborador na estratexia de dinamizar os servizos relacionados co turismo dende a necesaria óptica da colaboración entre o sector público e o privado.

Tracking Pixel Contents