Veciños e comerciantes estudan co edil os novos modelos de recollida de lixo
A concellería pretende consensuar cos usuarios o sistema máis axeitado
Redacción - Pontevedra
O concelleiro de Medio Ambiente Urbano, Raimundo González Carballo mantivo onte unha reunión cos veciños e empresarios do casco histórico da cidade para abordar diferentes sistemas de recollida de lixo nesta zona da cidade. A Concellaría de Medio Ambiente Urbano é partidaria da modificación do modelo de recollida na zona monumental dada a importancia que o centro histórico ten para os pontevedreses, e co propósito de aproveitar todas as súas potencialidades.
Ante esta situación, o concelleiro quixo reunirse con veciños e empresarios da zona para exporlles as diferentes fórmulas de recollida de lixo, as máis acaídas para o casco histórico. Explicoulles que de cara ao próximo contrato e dun xeito experimental se pode cambiar o sistema de recollida e optar por un servizo de recollida porta a porta, de colocación e recollida de colectores, con bolsa, a combinación de ambas, e incluso, deixar a actual solución. Raimundo González quixo coñecer a opinión dos directamente implicados e chegar a un consenso con veciños e empresarios o novo modelo, xa que son eles os que diariamente terán que usar o servizo. Cunha opinión común, a Concellaría pretende sacar o mellor partido ao servizo e obter o máximo rendemento da zona monumental.
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Los vecinos, con el alcalde de Poio, desalojan la casa ocupada en Combarro
- Sorprenden a un vecino de Cuntis con dos kilos de hachís en su furgoneta
- Muere la mujer de Cerdedo-Cotobade víctima de una brutal paliza de su hijo el 2 de enero
- «Cando volves?» lucirá el interior rural como imán turístico en FITUR
- La vida con deporte y la enfermedad de Perthes
- Estiman juzgar por homicidio doloso, y no imprudente, al investigado por arrollar con una lancha a un bañista en Silgar
- «En una experiencia tan oscura como la muerte también hay momentos de luz»