A retranca é o noso mecanismo de defensa, e Carlos Blanco recoñece que "neste país houbo que tirar moito de retranca ata fai ben pouco". O actor voltou onte á cidade de Pontevedra para a xornada inaugural da Feira do Humor, una semana adicada á comedia na que non podía faltar o pai de persoeiros como Cuspiderman ou o poeta Jonny Vaiamodo.

-¿Existe o humor galego ou é un tópico?

-É un tópico, creo que o humor funciona sempre por sorpresa, ris cando algo te sorprende, cando xa ves o final do chiste non che fai gracia, mentres que cando algo te sorprende funciona. Por poñer un gag eterno: o final de "Con faldas y a lo loco", cando Jack Lemmon y e o señor maior van na barca e o señor pensa que Lemmon é unha muller e quere casar con ela, Lemmon acaba por decirllle "pero es que soy un hombre", e o outro responde "bueno, nadie es perfecto". Ese é humor, porque non o esperas, e eu creo que ó mellor o humor galego ten un pouco máis de retranca, que é inevitable, pero se asemella moito ó británico, por exemplo, é menos escatolóxico que o mediterráneo, pero básicamente é a sorpresa o que produce sempre o gag.

-¿Gustalle o humor que ve na televisión?

-Na tele vese de todo, desde a astracanada máis elemental que pode representar as matrimoniadas de José Luis Moreno a un humor moi intelixente como creo que aparece no programa de Buenafuente; vese de todo e para todo tipo de público: está quen se ri despois de ver cuarenta veces o mesmo chiste en Pratos Combinados e está quen non, a quenes xa non nos fai gracia, pero eso vai moito no nivel de esixencia persoal.

-¿Por qué cremos máis no seu superheroe, Cuspiderman, ou en Mortadelo que en Superman?

-Porque Cuspiderman é maís real que Superman, e Mortadelo probablemente tamén, Supermán ten moito máis que ver cos americanos e con algo que decimos "sí, bueno, vale", mentras que Cuspiderman e Mortadelo é un humor, ademáis, cercano. Eu sempre digo que o humor é o lubricante perfecto para mirar a vida e para mirar as miserias dos que estamos rodeados.

-Escolla unha unidade de medida para a Galiza ¿a vaca ou a empanada?

-O cacho de empanada, esa vai a ser a gran aportación de Fraga, mal que lle pese, foi darlle á Galiza unha nova unidade de medida, de superficie e de contar xente: o cacho de empanada, e unha das escasas aportacións que eu lle recoñezo.

-¿Qué espectáculo presentou na Feira do Humor?

-Foi cos Cool Hamsters, un grupo co que levo traballando xa varios anos, esta banda fai swing que me gusta moito e creo que ven moi ben para o tipo de traballo que estou facendo agora. Me apetecía, aproveitando que o Teatro Principal é tan bonito e acolledor, tirar máis polo camiño da poesía, que é algo que levo tempo traballando. Poesía e humor son aparentemente cousas moi diferentes pero intento compaxinalas e máis ou menos penso que o conseguín.

Hoxe, actos en Curros Enríquez e A Pedreira

A Feira do Humor prolongarase ata o próximo sábado, 6 de xullo, cunha ducia de espectáculos para nenos e maiores, tanto de balde como de pago.

A oferta para hoxe luns concéntrase nas prazas de Curros Enríquez e de A Padreira.

A primeira, a partires das 20,30 horas, acolle "A Guerra das Galicsias", un espectáculo de monicreques a cargo de Títeres Cachirulo, que pon en escea una divertida aventura interplanetaria para todos os públicos.

Duas horas e media despois, as once da note, actúa Cascai Teatre na Pedreira, coa obra Cascai que conxuga "moita imaximnación, tres curtas partes de humor, unhas culleradas de mimo e de showman".

Para mañá martes, as dúas citas son nos mesmos lugares. As 20,30 horas actúan Keaton & Keaton na plaza de Curros Enríquez coa peza "Los Bañistas", e as 23,00 horas, na Pedreira é o momento de escoitar a un do mellores contacontos galegos, Cándido Pazó, cunha "narración oral tabernaria" da que xa se advirte que está recomendada para maiores de 16 anos.