Entrevista | Mercedes Peón Artista
«Darlle luz á diversidade e así respectar sempre a que temos enfronte»
A cantante ofrecerá un concerto o próximo 3 de setembro xno parque de patos de Barbadás

Mónica Nut, Mercedes Peón e Ana Fernández actuarán o próximo 3 de setembro en Barbadás. / Cedida
Mercedes Peón é unha das grandes referentes musicais de Galicia, recoñecida a nivel nacional e internacional. A semana que vén presenta en Ourense «Deixaas», o seu último traballo xunto a Ana Fernández e Mónica Nut.
Fálenos un pouco do seu álbum, «Déixaas». Que vai atopar o público?
«Deixaas» é un disco feito, producido e deseñado a través dos sons dos Asteleiros de Navantia. Uso a industria do naval como metáfora do mundo no que vivimos, nela conviven capas distintas, dende o consciente ao inconsciente, dende o cuántico ao reivindicativo, dende o estético ao emocional, e a lingua sempre no centro. A produción electrónica artesanal feita cos sons que xorden da fábrica, a prancha fina con sons inspiradores, afinados ou non, formando un contexto sonoro único e específico, e todo isto coa humanidade mais admirable das traballadoras e traballadores de Navantia cunha formación sindical envexable e a realidade de construír buques de guerra. Así transcorreu esta peza musical, falando en feminino, enriba dun portaavións deseñado pola enxeñeira Chuchi. Mais alén delo, Deixaas é unha banda, unha sinerxía de tres músicas en escena que transcende o álbum para expandir esa proposta creativa.
Como foi ese proceso de creación ao longo deses catro anos?
O proceso da banda foi un enorme pracer, o proceso do disco foi un proceso sonoro conceptual aberto a creación de espazos sonoros e a propostas arranxísticas diverxentes, a improvisación fixada e traballada, e os sons de Navantia aportando un contexto único.
E como foi o proceso de investigación levado a cabo?
Primeiro relacionándome co que estaba a pasar na Galiza, tanto nos movementos feministas, como na industria. Non foi profundo, deixeime levar pola intuición e sobre todo, no industrial, pola estética e beleza dos sons que escoitaba, que me sorprendía e inspiraban profundamente. Os temas teñen que ver con ese mundo da modernidade convivindo co cuántico totalmente alleo ao que se narra. Cantado en feminino e cheo de capas que conviven entre si. Dende propostas anticoloniais coa aportación incrible de Sukir Tarrani, ata Yolanda Castaño ou María Reimóndez inspirando o tema MK , ata un tema de desamor que pecha o disco, ou propoñer fundirse cun barco de guerra para transformalo en froles metálicas etc. Foi un proceso cheo de investigación, vindicación e beleza.
Foi un proceso longo e paciente. Cre que é algo que se está a perder nestos tempos de maior inmediatez?
Pois pode de ser. O que si vos podo dicir é que eu non teño Instagram no meu teléfono nin leo o que se colga. Procuro estar o máximo presente e poñer os coidados no centro das persoas que me rodean para poñer o foco no que realmente ten importancia que é a vida.
En que se inspirou para facelo?
Se non atopara a metáfora da cidade industrial o disco «Deixaas» non existiría.
A súa música tamén é política. Porque a música ha o non ha de ser política na súa opinión?
As cousas son ou non son, sen mais, non se pode opinar porque o ser creativo é ao seu xeito podes estar pensando só en que algo é «bonito» como dicía Janet Novás nunha das súa pezas, podes facer un ensaio sonoro como é «Osmose», peza escénica onde pon no centro as traballadoras de Pontesa e das fábricas das conserveiras en diálogo coa película «Nación» de Margarita Ledo Andión. Podes sacar un traballo cantándolle ao amor erótico e é perfectamente lícito. A miña opinión é que todo é respectable e ti tes que escoller como queres estar no mundo, dende o persoal, no traballo ou se es creadora pois o mesmo. No meu caso e neste momento non canto por cantar, para min a escena é un lugar político, ata os arranxos poden ser políticos. Estamos aquí e agora e temos que aportar o mellor que temos para construír un mundo mellor, e para iso hai que decrecer, volver ao sentido común, deixar de falar a través de consignas como se todo fora un partido de fútbol masculino, o que mais berra, o que mais engana, o que mais... Darlle luz á diversidade e así respectar sempre a que temos enfronte e facer un mundo moito mais solidario e sostible. Para iso hai que comezar tendo conciencia do propio.
Cal é a mensaxe que desexa lanzar?
Precisamos amar o diverso.
Hai algunha canción que destaque sobre as outras?
Pra min son todas marabillosas. non podería escoller.
E como se sente cando comparte escenario con Ana Fernández e Mónica Nut?
Son as miñas cómplices e quéroas profundamente.
Coas súas propias palabras, como evolucionaron os seus sentimentos pola música?
Nestes momentos o meu fondo creativo está ao servizo do cine, a última película remateina este ano: «A nadadora» de Sandra Sánchez. Gústame poñer ao servizo de imaxes ou de emocións ou interaccionar con propostas dende outra dirección. Aínda así a música é un xeito de vida, é o que me latexa, ultimamente estou co clarinete a voltas, retomando este instrumento e gozando enormemente coa improvisación, parece que son unha grande clarinetista, xa vos digo que non, pero o proceso é tan gratificante que agora mesmo neste intre estou aí, desfrutando do clarinete e das actuacións que aínda me quedan para rematar o ano, con Deixaas, Ingrávida e algún proxecto novidoso que o poderedes ver-escoitar en outubro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Adiós al bosque que plantó y cuidó durante décadas Arturo, un vecino de As Lagoas: Adif taló la mayoría de los 50 ejemplares de árboles que era refugio climático y de aves
- Muere un hombre en Ourense por grave falta de oxígeno mientras elaboraba vino en un lagar
- Un pleno «cutre de cojones»: la sesión plenaria de Ourense se convierte en un circo electoral entre insultos y acusaciones
- Prisión sin fianza para los cinco detenidos en una operación contra una red de tráfico de drogas en Ourense
- 1.800 huevos, 400 kilos de patata y 45 de cebolla :Tortilla no, tortillón a lo grande, para inaugurar el Salón de Campo de Xinzo
- Invita a entrar en su casa en Boborás, a dos mujeres que le pidieron agua, y le roban las joyas
- Un grupo de encapuchados asalta de madrugada un estanco de O Carballiño y se lleva parte de su mercancía
- El kart eléctrico de alumnos de la UVigo rodó por primera vez en la Plaza Mayor
