Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Gobernarei con honestidade e serei a alcaldesa de todos e todas»

O BNG ocupa agora a alcaldía de Viana do Bolo tras un pacto co PSOE polo cal Graciela Diéguez será a rexidora os próximos nove meses

A nova alcaldesa de Viana do Bolo, a nacionalista Graciela Diéguez.

A nova alcaldesa de Viana do Bolo, a nacionalista Graciela Diéguez. / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Antía Gallega

Antía Gallega

Ourense

Viana do Bolo (2.715 habitantes) presenta unha situación excepcional no panorama político: en tan só seis anos, xa cambiou ata cinco veces de alcalde, incluíndo dúas mocións de censura. Tras un pacto entre o BNG e o PSdeG, polo que decidiron rotar no cargo tras a saída do socialista Germán García-Ávila a principios de agosto, agora tócalle á nacionalista Graciela Diéguez coller o bastón de mando ata as próximas eleccións municipais, que serán dentro de nove meses.

É vostede a primeira muller en ocupar o cargo de alcaldesa en Viana do Bolo. Como se sente ao respecto?

O sentimento que teño é de moito orgullo, moita alegría. Pensando tamén moito en todas esas mulleres de Viana.

Como afronta o mandato tendo unha situación tan complexa neste concello?

Non foi doado chegar, pero é o que a poboación reclamaba. Demos un paso á fronte e conformamos este pacto de goberno, no que primeiro foi o PSOE e despois nós. E nós portámonos con lealdade e como un bo socio de goberno. Con lealdade e fiabilidade. A situación agora mesmo creo que é bastante estable. Eles gobernaron durante meses, agora gobernaremos nós. Agora xa é estable e non o vexo tan complicado.

Ten algunha medida que poida adiantarnos de cara a comunidade?

Trátase de escoitar os veciños, especialmente a aqueles pobos que foron afectados pola treboada do pasado 17 de xuño. Proxectos como tal, hai moitos. Trataremos de que en nove meses nos dea tempo a todo, pero en resumidas contas o que se trata é de facer a vida dos veciños e veciñas de Viana máis fácil.

Sen dúbida é o tema que máis preocupa. Como están esos veciños afectados pola riada? Está e contacto con eles?

Xa falei con eles, claro. Estou permanentemente en contacto. Agora hai que acometer algún tipo de obra para que volvan recuperar a súa normalidade. E seguiremos estando do seu lado para axudalos.

Teñen xa algunha prioridade ou medida concreta para levar a cabo no concello?

Para estes nove meses tampoco podo concretar un proxecto específico. Trataremos de seguir fomentando que todo o mundo poida ter acceso aos servizos, ter un programa estable, insistir e fomentar o entroido, así como coidar os espazos públicos. En definitiva, coidar de todos estes problemas.

Aínda é cedo xa que quedan aínda nove meses para esas eleccións, mais teñen xa unha estratexia de cara as urnas?

Dende o BNG, cando cheguemos a ese río cruzaremos esa ponte. Agora estamos no que estamos, acabamos de chegar á alcaldía e temos que gobernar e aínda non é tempo de falar das próximas eleccións. Aínda que o BNG sempre encara os comicios con moitas ganas e moita ilusión porque claramente somos un partido que ten esa elección de gañar.

Hai pouco que Cristina Gómez tomou tamén posesión convertíndose na primeira alcaldesa muller de Castrelo do Val, como é o seu caso en Viana do Bolo. Ten algunha verbas para animar a aquelas mulleres que ao mellor aínda non se atreven o dar o paso para entrar en política como fixo vostede?

Por suposto. Levo moitos anos dedicándome á política e hai moitísimas mulleres preparadísimas para ocupar esa primeira liña. No BNG xa se pode ver; a nosa voceira nacional é unha muller, e moitas das alcaldesas que están a ocupar o cargo pertencen ao BNG. As mulleres estamos exactamente igual de preparadas que os homes para ocupar cualquera posto político.

Como ben dixera, son moitos anos na política. Como se fai para atopar esa forza e ese ánimo de seguir, especialmente tendo situacións tan complexas como a que teñen vostedes en Viana do Bolo?

Eu afronto todo isto con moito ánimo. Estiven cinco anos nos que me ocupei de responsabilidades de goberno e sigo crendo na política, sigo crendo nos veciños, crendo que a política mellora a vida de todos nós... Eu, con respecto a esta complexa situación sigo superanimada e superencantada.

E para finalizar, que mensaxe lle quere mandar aos habitantes de Viana do Bolo?

Como dicía no meu discurso, gobernarei para todos e para todas. Tratarei de resolver todos os pequenos e os grandes problemas que poidan ter. Gobernarei con honestidade, con humildade e serei a alcaldesa de todos e toda. Tratarei de arranxar todos eses problemas que poidan ter e loitarei para defenderlos nas institucións e tamén defenderei os dereitos que teñamos como veciños. Entre eles, traballarei con forzas por ter mellores infraestruturas ou para mellorar os servicios socias. Todas esas cousas que fan que a vida sexa máis fácil

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents