Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura

A biblioteca da Deputación de Ourense ultima a catalogación dos 3.000 exemplares dos fondos literarios e documentais de Xesús Alonso Montero

Este traballo técnico servirá para poñer a disposición de profesionais, investigadores e público o arquivo e biblioteca do filólogo, académico da lingua e catedrático, falecido en Vigo o pasado mes de febreiro, con 97 anos

Traballos de catalogación da biblioteca de Alonso Montero.

Traballos de catalogación da biblioteca de Alonso Montero. / Alberte Paz

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. O.

Ourense

A Deputación de Ourense está a ultimar os traballos técnicos de revisión e catalogación dos arredor de 3.000 exemplares que compoñen a biblioteca persoal do intelectual, catedrático e académico Xesús Alonso Monterofalecido o pasado mes de febreiro en Vigo, aos 97 anos— , xunto co seu arquivo documental, e que logo da súa adquisición permanece custodiada na biblioteca da Deputación ourensá desde 2011.

Entre as últimas vontades do académico galego figuraba que toda a documentación de uso habitual, así como libros da súa propiedade que quedaran no seu despacho, pasarían a formar parte do seu arquivo literario «Alxam», nome que lle deu o propio Xesús Alonso. Tralo seu falecemento, este fondo incrementouse con preto de 500 novos exemplares e carpetas con documentos particulares.

Estes traballos de catalogación servirán para poñer a disposición de profesionais, investigadores e público e xeral a biblioteca do filólogo e catedrático, que constitúe un complemento básico do seu arquivo literario, composto por traballos enfocados no estudo de intelectuais e escritores como Castelao, Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, dos que ademais Alonso Montero é autor de varios libros.

A documentación tamén inclúe artigos xornalísticos, textos sobre a súa traxectoria como político e tamén traballos relacionados coa súa etapa de máis de trinta anos como membro da Real Academia Galega, que Alonso Montero presidiu entre os anos 2013 e 2017.

En definitiva, a súa biblioteca e arquivo documental son unha fonte bibliográfica de gran interese para os estudosos da súa obra literaria. As consultas poderán realizarse desde a páxina web da Deputación de Ourense (depourense.gal/gl/biblioteca), clicando a continuación no enlace «O noso catálogo».

Sección reservada a Alonso Montero na biblioteca da Deputación de Ourense.

Sección reservada a Alonso Montero na biblioteca da Deputación de Ourense. / Alberte Paz

O arquivo persoal de Xesús Alonso Montero incorpórase aos fondos bibliográficos e documentais da Biblioteca da Deputación de Ourense, integrados na actualidade por preto de 60.000 exemplares, con 22 bibliotecas específicas de autores entre os que se atopan Eduardo Blanco-Amor, Ben Cho Shey, Pura de Dora Vázquez, Manuel Albendea, Matilde Lloria, a colección «carlista» de Rego Nieto, ou o fondo máis antigo de carácter local existente sobre Ourense, obra de Benito Fernández Alonso, cronista da provincia de Ourense.

Tracking Pixel Contents