Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Relevo familiar

Cristina Gómez, nova alcaldesa de Castrelo do Val: «Quero seguir o legado do meu pai e por iso me comprometín a estar aquí»

«A mellor maneira que coñezo de honrar a memoria de Vicente, meu pai, é continuar o camiño que el iniciou, traballando con humildade, honestidade e entrega por cada veciño e veciña». Foron as verbas da filla, Cristina Gómez, ao tomar posesión do cargo como nova rexedora

A nova alcaldesa de Castrelo do Val, Cristina Gómez.

A nova alcaldesa de Castrelo do Val, Cristina Gómez. / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Antía Gallega

Antía Gallega

Vicente Gómez, quen fora o alcalde de Castrelo do Val durante 21 anos faleceu apenas fai unha semana. Agora, Cristina, a súa filla, toma o seu relevo cos veciños deste municipio, converténdose na primera muller en ocupar o cargo de alcaldesa. Unha posición que vén coa gran carga emocional que supón a pérdida e coa responsabilidade de igualar un legado. Por elo non deixa de ser incrible que Cristina non se deteña, xa sexa facendo un oco para atender á prensa ou para responder ás necesidades dos veciños e veciñas. Seguirá adiante por ela, polo seu pai e por tódolos habitantes de Castrelo, xa que tanto ela como o seu pai crían na política como un «bo servizo» para os cidadáns, polo que a filla loitará para seguir ofrecendo este servizo da mellor maneira posible mentres o compatibiliza co seu traballlo de arquitecta técnica.

P: Cando comeza o seu interese pola política?

R: É un comenzo maduro, evidentemente, porque nacín entre mítines, manifestacións... E un poco de todo iso levo no sangue. Un non entende cando a xente di que non sabe da política ou que non ten ideas políticas. Paréceme algo casi impensable, porque a política é a que define a nosa forma de vida, a que inclúe decisións que te afectan a ti no día a día. Entón, sempre estiven moi vinculada, unhas veces dentro e casi sempre desde fóra. Ademais tiña unha relación moi próxima o meu pai e entón, bueno, sempre estiven moi implicada.

P: Como pensa exercer a política trala etapa de seu pai?

R: A política que levaba o meu pai era a do día a día. Non se trataba de grandes obras nin de proxectos faraónicos. Estes concellos pequenos viven de pequenas actuacións que lles faciliten a vida aos veciños e veciñas. Ás veces ten máis impacto na vida das persoas arranxar un camiño ca construír un edificio público no que se poida facer, por exemplo, un auditorio. Nestes concellos pequenos é o que mellor funciona. A súa política era facer a vida dos veciños e veciñas un pouco máis cómoda, atendelos con proximidade e imos seguir na mesma liña e con esta mesma forma de traballar.

P: Pode adiantarnos algunha medida ou proxecto concreto?

R: Si, por exemplo, a travesía do Paseo e a rúa Eiró. Esas son obras de pavimentación que están pendentes de executarse ao longo deste ano. Temos tamén a recollida de augas pluviais na rúa A Mela, tamén en Castrelo do Val. Temos ademais a pavimentación da rúa da Fonte, en Castrelo do Val. Son proxectos sinxelos, pero que, evidentemente, lles facilitan a vida aos veciños e veciñas que viven nesas rúas. Non podemos permitir que a xente deixe de ter uns servizos semellantes aos que hai noutros lugares, nin que non poidan acceder a determinadas actividades.

P: E cara aos nenos e nenas?

R: No que respecta aos nenos e nenas, aquí temos un colexio que, a verdade, ten todas as prazas cubertas e está moi demandado. A xente está moi satisfeita co seu funcionamento e, de feito, mesmo hai familias doutros lugares que queren traer aquí os seus fillos e fillas. A ludoteca tamén funciona moi ben. En definitiva, temos nenos e nenas, temos futuro, e iso é unha moi boa noticia.

É ese traballo do día a día, ese compromiso coas pequenas actuacións que faciliten a vida en Castrelo do Val e que fagan deste un lugar agradable para vivir. Polo de agora vou seguir esa liña, porque entendo que o meu labor non é rematar un proxecto, senón darlle continuidade ao proxecto do meu pai.

P: Vese con futuro na política ou cre que é unha etapa máis ben temporal?

R: Ben, neste momento asumín o compromiso de manter este mandato, dándolle continuidade ao proxecto do meu pai e ao que os veciños e veciñas apoiaron nas urnas. Polo de agora estou centrada niso. Non hai ningunha outra decisión tomada neste momento.

P: Dende o seu primeiro nomeamento, o seu pai foi reelixido en todas as eleccións ás que se presentou como alcalde. Entendo que, como filla, iso é un motivo de orgullo, pero como sucesora quizais tamén supón moita presión.

R: Síntome moi orgullosa de todo o que fixo el. Evidentemente, non se trata de substituílo, porque un pode substituír a outra persoa nun cargo, pero como persoa cada un de nós é único e insubstituíble. Por iso, cada quen exercerá o posto e desempeñará o seu traballo dunha maneira diferente.

Aínda que me parezo moito ao meu pai, hai tamén moitas cousas nas que somos moi diferentes. Durante o tempo que estea aquí, intentarei, evidentemente, seguir o seu legado, porque ese foi o compromiso que asumín ao aceptar esta responsabilidade. Procurarei facer as cousas o máis parecido posible a como as faría el, pero iso non quere dicir que non vaia achegar a miña parte, a miña personalidade e o meu xeito de facer. Ao final, cada un fai as cousas como sabe, como considera ou intentando que saian o mellor posible, aínda que non sempre se acerte.

Si, evidentemente sinto unha presión importante, porque foi unha persoa moi querida, con moitos anos de experiencia e cunha ampla traxectoria. Eu farei o mellor que poida. Non sempre acertarei, pero esforzareime por facelo o mellor posible.

P: Ademáis, e vostede a primeira muller en ser nomeada alcaldesa de Castrelo de Val.

R: Si, son a primeira alcaldesa de Castrelo do Val. A verdade é que é unha honra e espero que isto siga ocorrendo cada vez máis. Na comarca xa hai varias alcaldesas doutros partidos. Iso non quita que a forma de chegar a ser a primeira alcaldesa de Castrelo do Val teña un sabor bastante agridoce. Obviamente, gustaríame que fose doutra maneira, pero foi como tivo que ser. A vida segue en todos os aspectos e tamén neste. Ademais, é un paso adiante no camiño cara a unha maior presenza das mulleres na política.

O importante é que haxa bos xestores e boas xestoras. Tanto homes como mulleres poden desempeñar ese papel. Penso que un alcalde ou unha alcaldesa ten que ser un bo xestor e estar moi preto da veciñanza, sobre todo na política municipal e en concellos pequenos coma este. O que a xente demanda é atención e servizo no día a día, e para min iso é fundamental.

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents