Literatura galega
Lembrar e reivindicar o galego dende hoxe ó medievo: «Unha lingua de reis»
A Fundación Insua dos Poetas celebrou este sábado a súa XVIII Festa da Palabra cun especial homenaxe a lírica de Fernan Paez de Tamalancos que agora conta co seu propio templete grazas os alumnos do Centro Integrado de FP Cantería de Galicia en Poio

Festa da palabra 2026 na Insua dos Poetas / Iñaki Osorio
Un verán máis a Fundación Insua dos Poetas, situada no Carballiño, celebrou a súa cita anual, xa considerada todo un fito no calendario cultural galego.
Para esta XVIII edición, a Fundación quixo render homenaxe á lírica galega medieval, poñendo especial atención na figura de Fernan Paez de Tamalancos, inda ca xornada estivo repleta de acontecementos.
O programa da xornada estivo marcado pola literatura, a música e varios recoñecementos institucionais, destacando a entrega dos «Premios Insua dos Poetas 2026», que distinguen tanto a persoas como entidades pola súa contribución á cultura, á lingua, ao medio ambiente ou á comunicación, entre outros, no ámbito da comunidade galega.
Para amenizar o acontecemento deste ano, o evento contou coas actuacións do grupo Trovare, coñecidos por entonar as poesías e composicións líricas, perfecto acompañamento nunha xornada dedicada ó medievo. Así, os asistentes puideron asistir a presentación das obras literarias «Do amor salgado» de Modesto Fraga; e «Da cor da soidade. Poesía reunida», do propio anfitrión da Fundación, Luís G. Tosar.
Outro dos grandes momentos da xornada fora a revelación do templete realizado en tributo ao homenaxeado Fernan Paez de Tamalancos polos alumnos do Centro Integrado de FP Cantería de Galicia en Poio que foi descuberto por A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Unha estructura ornamental realizada en granito fino procedente de distintas zonas de Lugo e de Ourense e que imita as liñas dun templo clásico, supera os 5.000 quilos e conta cunha altura de preto de tres metros e que súmase agora ao conxunto da Insua que conta xa cun total de 23 monumentos conmemorando o espazo.

Templete realizado por alumnos do Centro Integrado de FP Cantería de Galicia en Poio para a Insua dos poetas / Iñaki Osorio
Entrega de galardóns
Os galardóns foron previamente valorados por un xurado formado presidido por Luís González Tosar e integrado por Alexandre Corbillón, Celso Sánchez, Roberto Fernández, Pablo Rubén Eiré, Manuel Figueiras e Antón Pulido, que reuniranse o pasado día 12 de xullo na sede da Fundación para acordar a concesión dos galardóns desta edición.
Pola súa parte, Luís G. Tosar, quixo lembrar ca intención diste evento non é outra que «concienciar a xente máis nova que sepan que o galego non e unha lingua de onte, senón que esta moi arraigada na historia, que foi unha expresión poética durante os séculos 12 e 13 de gran transcendencia» xa que fora tamén «unha lingua de reis».

A Insua dos poetas contou con uns 300 asistentes a súa XVIII Festa da palabra 2026 / Iñaki Osorio
Na categoría de Literatura, o premio recaeu na escritora e académica Fina Casalderrey, en recoñecemento á súa extensa e destacada traxectoria nas letras galegas, especialmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil e da pedagoxía.
O premio de Medio Ambiente foi concedido á Sociedade Galega de Historia Natural, entidade fundada en 1973 que leva máis de cinco décadas dedicada ao estudo, divulgación e defensa do patrimonio natural de Galicia.
Na modalidade de Promoción da Lingua, o galardón recoñece o labor do Clube Ciclista de Maceda, referente deportivo no ámbito da BTT e do ciclocrós, pioneiro na utilización exclusiva do galego como lingua oficial da entidade e exemplo de compromiso coa normalización lingüística no deporte.
O premio á Promoción da Cultura distinguiu ao editor e promotor cultural Bieito Ledo, impulsor de múltiples iniciativas editoriais e culturais, así como da valorización do Camiño Mozárabe-Vía da Prata e da súa localidade natal, Padroso.
Na categoría de Galicia Exterior, o recoñecemento foi para o xornalista e escritor Arturo Lezcano, polo seu libro O país invisible: A epopea atlántica da diáspora galega, unha obra dedicada á memoria e á dimensión internacional da emigración galega.
O galardón aos Medios de Comunicación deste ano foi para Praza Pública, xornal dixital en galego que desde 2012 promove unha información plural, independente e comprometida coa lingua galega e co debate público.
Finalmente, o premio de Música foi destinado ó pianista, compositor e docente Alfonso Medela, recoñecido pola súa sólida traxectoria artística, especialmente nos ámbitos do jazz, a composición e a formación de novas xeracións de músicos.
As persoas e institucións foron premiadas cunha peza artística orixinal creada polo escultor Acisclo Manzano, que será entregada durante o acto central da XVIII Festa da Palabra.
Suscríbete para seguir leyendo
- La familia Rodríguez, la saga ourensana que convirtió la lucha contra el fuego en una misión personal
- La nueva vida de la familia argentina que se mudó al rural ourensano para emprender: «Acá nos sentimos libres»
- Su demanda de 130.000 euros de indemnización se desestima porque tuvo la culpa del accidente de tráfico al adelantar con la moto a un quad en línea continua
- Camina varias horas por el monte y pide ayuda en Lobios tras caer por el coche por un desnivel y quedar inconsciente
- Un motorista resulta herido grave y sufre la amputación de una pierna tras una colisión frontal con un turismo en Ourense
- La obra en Ourense del futuro Parque Coto de Canedo, que incluirá una piscina de 733 metros cuadrados, ultima el aparcamiento subterráneo de 319 plazas
- Muere una mujer tras caer de su caballo en Verín
- O Carballiño bate su propio récord Guinness con una tapa de 610 kilogramos de pulpo
