Festivales de música
"Somos galego pensantes, sae todo no idioma no que vivimos", o grupo Tapa D'Orella actúa iste sábado en Verín
Tapa D'Orella é un grupo tan sinxelo como o plato, unha receta na que soamente fan falta uns poucos ingredientes e moita paixón para conseguir unha música moi marca Galicia inda dentro duns espectros mois variados, que sempre soen a festa. Este sábado, serán uns dos artistas convidados ao festival gratuíto Extruga na Rúa, en Verín.

Os componentes de Tapa D'Orella: Pappaquino e Willow. / Iris Justo (cedida)
Os ingredientes do prato son sinxelos máis, é a complexidade da elaboración é o que denota o padal. Mesmo poderíase dicir do prato que do grupo, cuns poucos ingredientes, neste caso dous bos colegas, son suficiente se lle poñen ganas como para facer unha música pois moi marca Galicia inda dentro duns espectros moi variados, que sempre soe a festa. Este sábado, Tapa D’Orella serán uns dos artistas convidados ao festival gratuíto Extruga na Rúa, en Verín.
Willow (1997) é Das Neves, e leva na música todo a vida. De cativo xa comezou na banda de música, nos gaiteiros o na charanga. Ata tivo un grupo de punk e estivo metido no mundillo do rap. Mentres Joaquín, máis coñecido como Quino o polo seu nome artístico Pappaquino (1999) naceu en Verín e tras estudar saxo no conservatorio e para ser técnico de son o ten ben claro, el é músico. O mesmo que Willow so que el concreta, «estudei música pero non a suficiente como para ser salientable e o mesmo na educación convencional».s ingredientes do prato son sinxelos máis, é a complexidade da elaboración o que denota o paladar. Mesmo poderíase dicir do plato que do grupo, cuns poucos ingredientes, neste caso, dous bos colegas son suficente se lle ponen ganas como para facer unha música pois moi marca Galicia. Willow (1997) é Das Neves, e leva na música todo a vida. De cativo xa comenzou na banda de música, nos gaiteiros o na charanga. Ata tivo un grupo de punk e estuvo metido no mundillo do rap. Mentres Joaquín, máis coñecido como Quino o polo seu nome artístico Pappaquino (1999) naceu en Verín e tras estudar saxo no conservatorio e para ser técnico de sonido. Inda que agora, o teñen ben claro, iles son músicos que comenzaron fai dous anos est eproxecto e entre o seus temas atopamos: «O menos malo» ou «Festa Maior».
P: Empezemos polo principio, cómo vos coñecestes?
R: Coñecímonos no «Extruga Na Rúa» de 2024, eu actuaba como Willow GhZ e él como Pappaquino. Estivemos falando un rato durante as probas, xa se notou a conexión e botamos toda a noite xuntos, despois desa fixemos por vernos máis veces ata que decidimos montar algo xuntos e así ter a escusa de vernos inda mais. E ata hoxe asi seguimos.
P: Poderiades quedar soamente, porqué isto de facer música?
R: O grupo nace pois deso, un pouco das ganas de montar algo xuntos e ir pola Galiza adiante a pásalo ben e un pouco das ganas que tiñamos de facer unha música que saia-se un pouco do urbano e recollera o espírito da música de festa e de festival, da cumbia ao skapunk.
P: Xa sabiades que ía a ser música en galego?
R: Nunca houbo sequera o plantexamento de ver en que idioma o iamos facer, ambos somos galegofalantes e galego pensantes entón de forma natural sae todo no idioma no que vivimos.
P: Foi moi soado que o tema «Punto de Mira» nacese dun directo en TikTok mais, como é o proceso creativo de Tapa D’Orella?
R: O de que «Punto de Mira» nacese nun directo de TikTok é algo moi guai pero anecdótico, normalmente as cancións van tendo cada unha o seu proceso, pero adoitamos ter unha idea inicial , e dende aí ila evolucionando ata onde nos guste Mais. Temos boa conexión para iso tamén e sae todo rápido e orgánico inda que é o Quino quen leva a maior parte do peso da produción.
P: Como síntese tocar agora de novo neste festival?
R: Como dixemos antes: Extruga, contigo empezou todo, como dixo o poeta. E un gusto sempre tocar en Verín porque a xente volcase moito no proxecto e danos moito cariño, ademais casi pechamos o noso primeiro círculo tocando donde naceu a Nosa unión! Eternamente agradecidos ao «Extruga na Rúa».
P: «Extruga na Rúa» non é soamente un festival de música, senón que é un espazo para a cultura urbana, con diferentes obradoiros, actividades, etc. Estamos a ver como o modelo do festival pasa a ser cada vez máis un produto de consumo en si, que unha vía para xuntar a artistas e ponderar a música e a cultura.
R: A verdade é que si, é moi importante que existan formatos culturais coma este, feitos para a xente e con tanto cariño pola nosa cultura. Como público tés Moitísimas actividades distintas as que asistir nun entorno moi chulo, é unha experiencia que recomendamos. E como artistas unha marabilla o ben que te tratan e o ben que se pasa a verdade. Mais «Extruga na Rúa» e menos «Son Do Camiño».
P: A canción que máis desfrutastes compoñendo e porque.
R: diriámosche que a nosa canción favorita sempre é a última que acabamos de compoñer, e ten pinta que vai seguir sendo así mentres sigamos compoñendo .
P: Que proxectos tedes cara ó futuro? E algún legado en mente para o grupo?
R: O futuro é seguir facendo cancións, ir incorporando pezas ao puzzle de tapa de Orella e seguir coñecendo o país facendo bailar a xente.E legado non queremos , conformámonos con que nos deixen seguir cantando.
Suscríbete para seguir leyendo
- La nueva vida de la familia argentina que se mudó al rural ourensano para emprender: «Acá nos sentimos libres»
- El relevo caribeño salva del cierre la histórica tienda de A Barreira, en el casco viejo de Ourense: «Trabajo desde los 16 años y ya nos toca descansar»
- La compañía de seguros rechaza pagar el funeral de una mujer en Ourense porque el marido ocultó el estado real de salud
- Miguel Álvarez, el joven que evitó que una mujer se tirase al vacío en Ourense: «Fui corriendo y la agarré»
- Su demanda de 130.000 euros de indemnización se desestima porque tuvo la culpa del accidente de tráfico al adelantar con la moto a un quad en línea continua
- Fang Ling, la estrella de los bazares chinos que triunfa en redes: «Después de tantos años en Ourense ya me siento chinogallega y soy fan de La Roja»
- Un motorista resulta herido grave y sufre la amputación de una pierna tras una colisión frontal con un turismo en Ourense
- La obra en Ourense del futuro Parque Coto de Canedo, que incluirá una piscina de 733 metros cuadrados, ultima el aparcamiento subterráneo de 319 plazas
