O barrio da Cuña celebra a III edición da Festa da Cunheira
A asociación cultural, surxida dun grupo de amigos, recuperou a celebración anual do barrio cunha programación que incluíu un torneo de chave previo e xantar popular

O barrio, de foliada na carpa popular / Brevebretema
O barrio da Cuña, na Mariñamansa, encheuse este sábado de alborada, viandas e música para celebrar un dos días máis grandes do ano coa celebración da súa festa da Cunheira. Organizada polo asociación cultural homónima, esta é xa a terceira edición consecutiva dunha troula dende o barrio, para o barrio.
A festa da Cunheira recupera a vida de barrio
Como conta un dos fundadores, a asociación cultural naceu hai uns anos "dun grupo de amigos de moitas xeracións", que comezou como peña ourensanista de fútbol de veteráns e máis tarde sumou unha vertente de asociación musical. O barrio perdera a súa festa anual cando os máis experimentados do grupo eran mozos, e coa súa bagaxe cultural, decidiron reanimar as celebracións para facer comunidade.

Un grupo de música toca fronte ao carro da Baixada da Cunheira. / Brevebretema
Xa cun torneo tradicional de chave a modo de previa un mes antes, as actividades comezaron co seu debido pasarrúas, para logo pasar ás actuacións de fin de curso dos grupos da asociación cultural, que ensina gaita, pandeireta e baile galego. Non podía faltar o xantar popular antes de seguir coa foliada, e chegar ao momento estrela do día, a Baixada da Marela: "Decidimos facer a festa de día na zona alta do barrio, e os concertos na zona baixa, e para facer esa transición quixemos facer unha ruada co carro do estilo das que se fan en Entroido", comenta un dos creadores da idea". Os concertos da noite alongáronse ata as 2.00 horas, co músico verinés Pappaquino como cabeza de cartel.
- Muere un joven de Madrid tras impactar contra una furgoneta en Ourense
- Isabel y Adolfo, de Venezuela a Ourense con sus tres hijos para reabrir un puesto en la plaza de abastos: la inmigración que rescata el comercio en Ourense
- Los consejos de un especialista para evitar que los ladrones roben en casa en vacaciones: «Con una inversión de 220 euros se aumenta la seguridad de la puerta»
- Vuelca un camión que transportaba 210 cerdos en el concello ourensano de Baltar y varios acaban en un jardín
- El viaje del japonés Ryuta: desde Osaka a Galicia con destino Ourense
- Ocho incendios obligan a cortar el tráfico ferroviario convencional entre Ourense y Santiago de Compostela
- Acusan de agresión sexual a un celador por besar a una compañera de trabajo sin consentimiento en el hospital de Ourense
- Leonardo Álvarez, el juez que ama y divulga el cine clásico: «Me apasiona, me ilusiona y me ayuda a desconectar»