The Rapants: "Seguimos retando a Jácome a esa carreira en monopatín"
A banda sensación da música galega fará para en Ourense no festival OuYeah! para presentar o seu novo disco, Rapants Club

Mati, de The Rapants, nunha acutación en Catoira. / Noe Parga
Tralo concerto debut no Sar, vides de tocar en Valencia e Barcelona. Como foi a experiencia fóra de Galicia?
Sorprendeunos para ben. En Barcelona, tocamos o mesmo día que tocaba Bad Bunny e sabiamos que non ía ser fácil, pero apurouse ata o final e xuntáronse arredor de cincocentas persoas, que para ser alí é unha barbaridade. Notouse moito a morriña dos galegos que viven alí, cando vai un grupo da casa, víveno moi forte. E tamén apareceu xenta propia cidade, que tamén te pon contento.
No escenario tocaches sentado, algo pouco habitual en ti.
Si, por un problema no pé dereito. Para min foi raro porque no directo sempre estou en movemento, pero a xente bailou por min. E iso é un recordatorio de por que facemos isto: ti podes ter un día torcido, pero se o público entra, a noite sostense.
Este novo disco, adicado aos fans, xerou moita expectación nos meses antes de publicalo. Como se viviu isto ao compoñelo, como unha presión ou unha motivación?
Cada un o leva á súa maneira. Eu non o vivo con esa presión, porque un disco non decide unha carreira. O que si dá é unha responsabilidade bonita: queres que o seguinte sexa mellor e que a xente note que medras, pero sen converter cada tema nun exame nin quedar paralizado.
Vides dun 2025 de moito quilómetro e moito concello visitado, e despois dun Sar que vos deixou sen alento. Este 2026 estará máis medido?
Si, é algo que buscamos. O do Sar foi bestia, quitounos saúde, tempo e cabeza. Despois diso precisas parar un pouco para asimilar e volver con ganas. Seguimos saíndo fóra, fomos a Valencia e a Barcelona e agora imos a Madrid, pero en Galicia estamos sendo máis selectivos, por non cansar e por abrir zonas novas. E tamén porque o directo medrou: agora levamos telón e escenografía, e apetécenos que iso se vexa ben, que o show teña corpo.
Nesa xira só parástedes na provincia de Ourense para un concerto en Valdeorras, e levades sen pisar a capital dende 2024. Aínda que non se veña tanto, o público ourensán é tan 'hooligan como o da costa'?
Agora mesmo si, costou máis tempo porque en Santiago temos o noso nicho, pero pouco a pouco a música en galego xa vai saíndo ao resto de concellos. Vemos que se coñece en Ourense ou en Monforte, que alí nos piden que vaiamos tocar... actualmente xa está por toda Galicia, uns máis e outros menos, pero tiña moitas ganas de vir tocar aquí
Precisamente ese último concerto en Ourense deixou unha liorta e Twitter con Jácome na que o retáchedes a unha "carreira de monopatín en velocidade", das que prometeu en 2017, pero vos bloqueou. A pregunta é obrigada: púidose poñer data a esa competición?
(Risas) Era todo dentro dunha broma, pero creo que non se atreveu a aceptar o reto. Eu vivo enriba dun monte e estou acostumado a facer dende a miña casa un kilómetro e pouco de "baixada fuerte", así que non me podería competir, pero o reto segue vixente.
O festival OuYeah, no que tocades, mestura música e gastronomía con pratos inspirados en cancións. Se Rapants Club fose un prato, cal sería?
Eu sempre digo que nós, como grupo, somos un guiso, porque somos moi diferentes entre nós, e un guiso é iso: cousas diferentes nunha pota que ao final fan un sabor. Hai mestura e desa mestura sae a identidade.
Compartides cartel con Loquillo. Como encaixa esa referencia no voso mapa?
Nós vimos do rock todos, porque é o que nos ensinaron na escola de música, e aínda que o deixaramos antes ou despois, en todos os temas queda esa esencia rock. Loquillo é música da xeración dos nosos pais, temas que coñeces e bailas aínda que non sexas fan; Xanma, por exemplo, ten máis ese punto, eu son máis de Amaral. Pero tamén ten algo bonito compartir cartel con alguén que leva tanto tempo no imaxinario colectivo.
Se algo destaca da túa posta en escea son os teus icónicos traxes, pero chegades a Ourense en ola de calor, e non teñen pinta de ser moi lixeiros. Vai variar a indumentaria?
A hora de saír ao escenario píllanos xa de noite, e en Galicia refresca, sempre che fai falta unha chaquetiña á noite. Si que nos adaptamos en sesión vermú, que aí non che salva naide, pantalón curto e camisa. E logo cada un leva o que quere. Eu, os traxes que vou gastando fágoos máis curtos, córtoos, fágoilles cortes; tamén é unha maneira de levalos ao noso terreo.
Tedes algunha anécdota de troula en Ourense que se poida contar?
No OurenSound anterior rematamos de tocar moi tarde, e acabamos tomando o escenario dun bar que había ao lado e cantando todo tipo de cancións ata a madrugada. Foi unha noite moi espléndida, non teño moitos recordos pero chegamos ao buffet libre (risas).
Xa para acabar, unha para cafeteros. No Sar chamou a atención o peche con “Ella me levantó” en vez de “Yo quiero bailar”. Por que ese cambio?
Porque o último sempre é o máis difícil. A última canción dáche un quebradeiro de cabeza enorme. Estivemos máis dun ano dándolle voltas, probando, analizando o que deixaba no corpo, e ao final “Ella me levantó” pechaba mellor. Parece un detalle, pero cambia o sabor do final.
Suscríbete para seguir leyendo
- El histórico ascenso de la Unión Deportiva Ourense a Primera RFEF garantiza un sueldo mínimo de 25.000 euros para 18 jugadores
- El Concello de San Xoán de Río, en Ourense, primer municipio gallego que se adhiere a una cooperativa de gestión energética
- El mapa del alquiler vacacional en Galicia: de los 6.000 euros en Sanxenxo a las casas con piscina a mitad de precio en Ourense
- La UVigo gradúa la primera promoción del grado de Relaciones Internacionales, pionero en Galicia
- Carlos, Fran y Jaime, tres veinteañeros de Ourense que se convierten en curas
- Unas fiestas intergeneracionales en Ourense: de Miguel Ríos o M-Clan al sonido urbano de los gallegos Hard GZ y Dirty Suc
- Los médicos de Urgencias de Ourense alertan de una situación de riesgo por el grave déficit de plantilla
- Un camión arde en la A-52 en A Gudiña tras un choque con otro que causó un herido