Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festa do Boi

Allariz regresa ao século XIV coa procesión de Xan de Arzúa

A recreación da orixe da Festa do Boi e da asociación gremial deu paso a un xantar popular: o programa de celebracións continúa ata o domingo 7 de xuño

Un grupo de bois descansa entre a palla, este domingo en Allariz. | IÑAKI OSORIO

Un grupo de bois descansa entre a palla, este domingo en Allariz. | IÑAKI OSORIO

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

J. F.

Ourense

A Festa do Boi de Allariz, de Interese Turístico Galego, ten a base histórica da tradición no século XIV. Daquela habitaba a vila medieval unha comunidade xudía no barrio de Santo Estevo, fóra da cidade amurallada. Dentro residía a poboación cristiá. No Corpus, os xudeus aproveitaban que a procesión saía extramuros para desafogar a frustración acumulada, con berros e insultos ao paso da comitiva cristiá. A historia asegura que Xan de Arzúa, un fidalgo de Allariz moi relixioso, quixo poñer fin a esta situación e, na celebración de 1317, montou a lombos dun boi. Acompañado por criados e cargado de sacos con formigas, encabezou a procesión do Corpus. Cando os xudeus apareceron para boicotear o acto como acostumaban, entre cornadas e chuvia de formigas Xan de Arzúa rematou coa intromisión.

Ese feito histórico lembra a tradicional procesión da Festa do Boi que se conmemorou este domingo de novo, con punto de partida na Barreira. A recreación da orixe da festa marcou a segunda de nove xornadas de celebración en Allariz, ata o domingo, 7 de xuño . O programa, este ano, vai dedicado a Francisco García, exalcalde, falecido o pasado mes de xaneiro.

Unha tradición que une a grandes e pequenos. | IÑAKI OSORIO

Unha tradición que une a grandes e pequenos. | IÑAKI OSORIO

Trala procesión de Xan de Arzúa, celebrouse un xantar popular no campo da Barreira. Pola tarde actuaron os distintos gremios no concurso de trobadores. A xornada deste domingo rematará coa saída do boi, a partir das 21 horas, a segunda tralo estreo do sábado.

As portas das casas quedan abertas para ser refuxio da xente, e o boi, que varios integrantes das peñas, ataviados con camisa branca e pano vermello, levan suxeito cun longo ramal, fai o seu percorrido parándose onde quere e acometendo o numeroso público que o acompaña e berra: «aí vén o boi, aí vén o boi». Este luns haberá percorrido dos animais a primeira e última hora —8 y 21—, e será a primeira saída infantil do boi, ás 19:30 h.

Tracking Pixel Contents