Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Agrupación Miño celebra o Día de las Letras Galegas con arte e música na Praza da Ferrería

O Círculo Poético Ourensán e a Asociación Veciñal Loureiro levaron á porta da Casa da Maxia foliada e recitais

As pequenas pandeireteiras da asociación veciñal Loureiro.

As pequenas pandeireteiras da asociación veciñal Loureiro. / Brevebretema

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ourense

«A lingua galega non só é o 17 de maio, é todo o ano». As palabras coas que o presidente da Agrupación Miño, Xosé Ramón Piñeiro González, abriu o acto, resumían á perfección o que este significaba. E é que a corporación de asociacións veciñais celebraba este xoves un acto cultural co gallo do Día das Letras Galegas para levar ata a Praza da Ferrería diferentes expresións de arte na lingua galega. Arredor de 50 participantes de tódalas idades reuníronse na porta da acabada de estrear Casa da Maxia para celebrar o galego a ritmo de foliada, pandeirada e recitación de poesía. «Como dicían os vellos de antes, 'o saber non ocupa lugar', e vendo que o galego está cada vez máis apartado nas cidades e nas xuventudes, nós seguiremos a facer este tipo de actos para poñelo en valor», concluía Piñeiro.

O acto contou con Círculo Poético Ourensán, que trouxo a varios alumnos do CPR Cardenal Cisneros para que recitasen ante o público presente algúns dos versos do libro «Soños de infancia», obra editada polo propio Círculo. Entre os estudantes que se animaron, atopábase unha rapaza venezolana que chegara a Galicia hai menos dunha semana, pero atreveuse a entoar as estrofas asignadas, ante o clamor total do público. Tras ela, chegaron varios versos adicados ao galego e á cidade de Ourense por parte da asociación de poesía.

Música na Praza da Ferrería

A música puxérona a Asociación de Veciños de Loureiro, do barrio do Couto, que non quixo perder a cita. Primeiramente, co seu grupo tradicional de gaita, tamboril e bombo, e de seguido, algunhas das cantareiras máis cativas da asociación cultural, que creceu ampliamente en número nos últimos anos. Segundo contaba a FARO en 2025 Ana Iglesias, mestra na asociación, en cuestión de tres anos pasouse de ter un pequeno conxunto de nove pandeireteiras a ter ata 53 apuntadas, obligando a facer turnos e ensaiar na calle cando o tempo o permite, tal e como fixeron este xoves na Praza da Ferrería.

A escolla do lugar tampouco era casual. O acto foi un dos primeiros que a Agrupación Miño celebrou coa antiga Casa da Maxia xa convertida na súa nova sede, despois de que o Concello decidise darlle uso a un edificio de cinco plantas que levaba anos agardando por unha función definitiva. Aquel inmoble, reformado no 2008 para acoller un proxecto vencellado ao ilusionismo galego que nunca chegou a despegar, mudou agora de destino para converterse nun espazo veciñal no corazón do Casco Vello. Nel conviven a Asociación Veciñal As Burgas e a propia Agrupación Miño, cunha distribución pensada para repartir usos entre despachos, zonas compartidas para asembleas ou charlas, e dependencias propias para os colectivos. O traslado permite ás asociacións deixar de pagar aluguer noutras ubicacións e, ao mesmo tempo, sacarlle partido a unha construción pensada no seu día para facer maxia, pero que acabou atopando a súa utilidade no traballo diario dos barrios. Para Piñeiro, o cambio supuxo tamén un alivio económico e unha oportunidade para seguir reforzando un movemento veciñal que, ao seu xuízo, «goza de boa saúde», malia que aínda quede moito polo que pelexar.

Tracking Pixel Contents