A romaría etnográfica Raigame celebra a súa 23ª edición en Vilanova dos Infantes con milleiros de asistentes
A Danza da Virxe do Cristal protagoniza un dos momentos máis esperados da 23ª edición da romaría Raigame en Vilanova dos Infantes

brevebrétema
En Vilanova dos Infantes (Celanova), o Día das Letras Galegas non se queda soamente nun papel. Escóitase, nos claxons das infinitas ringleiras de coches que polo 17 de maio trasládanse dende toda Galicia —e parte de Portugal— a unha parroquia que agora conta con 200 habitantes. Chéirase, co recendo que desprenden eses bolos preñados que á hora do xantar enchen o bandullo nun descanso da ruada. Tócase, no coiro ou a pedra das deceas de artesáns que mostran o seu bo facer ao mundo de Celso Emilio Ferreiro. Pero por riba de calquera cousa, dánzase e cántase, cunhas rúas cheas de trouleiros co traxe tradicional nas que os puntos saen de improviso, como sempre foi.
A romaría etnográfica Raigame celebrou este domingo a que xa é a súa 23ª edición en Vilanova dos Infantes, entre a Torre de Homenaxe destruída no seu tempo polos irmandiños e nun dos cascos urbanos máis antigos de Galicia. Milleiros de persoas vidas de toda a comunidade e extramuros non se quixeron perder esta habitual cita na que o enxebre caracteriza todos os eventos. Ir con roupas actuais é a excepción, e os bailadores, gaiteiros ou tamborileiros cos traxes tradicionais mestúranse no empedrado con algunha caracterización dos artistas ambulantes que protagonizaron os cantares de cego, patrimonio fundamental do folclore da provincia de Ourense. A gastronomía, con pulpo e churrascada comunal no campo de Igrexa, tamén se fixo presente, así como os postos co selo Artesanía de Galicia que gardaban a entrada á vila —ata 55 maestros do material déronse cita no recuncho celanovés—. No artístico, tras horas de muiñeiras, xotas ou rumba, a iso das 13.30 horas chegou un dos momentos máis esperados: A Danza da Virxe do Cristal, coas danzantes locais ataviadas con roupas brancas, sombreiros de flores e paus sonoros xirando atadas con cintas de cores arredor da súa protectora. Como elas, sobre outras 50 asociacións culturais non quixeron perder a oportunidade de celebrar o Día das Letras Galegas inmersos en toda a tradición que esta terra deixa.
A tradición que «pide o corpo»
E é que quen vai a Vilanova dos Infantes, repite de seguro. «Non concibo vivir un 17 de maio noutro lugar», comentaba unha da infinidade de mociñas que alí se daba cita. Non era un reto poder atoparse polo camiño a grupos de amigas e amigos que viñan dende a primeira edición, como o caso de Ana, Peregrina, Chus e Charo, que viñeron dende Seixalbo e Allariz tal cantidade de anos que nin lembran a cifra exacta. «Podemos dar todas as explicación posibles, pero ao final resúmese en que nolo pide o corpo», responden á pregunta de que ten o Raigame para ser semellantes devotas. A escasos 500 metros, outra agrupación cultural mestura xeracións entre aqueles que fixeron troula xa dende aquel 2002 de estrea e os que teñen na memoria o recordo de asistir cando só tiñan catro anos. Entre tortilla, chourizo e pementos de Padrón, coinciden en ver o Raigame como un evento único no que poder ver irmandados a todos os grupos da contorna. E é que en Raigame, non eres ti quen busca a troula, senón ela quen che atopa.
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Juicio a un cigarrón del Entroido de Verín acusado de herir con el látigo a una mujer embarazada: «Se lo recriminé y no mostró arrepentimiento»
- Muere un motorista en un choque con una furgoneta en la A-52 en Ribadavia
- La Xunta anuncia que el parque acuático de Monterrei, abre el 19 de junio, con los mismos precios, por ahora, que en 2025
- Raúl, un estudiante de 21 años, idea una pasarela mirador bajo el viaducto del Miño con vistas privilegiadas de Ourense: «Ojalá sea una realidad»
- Dio positivo y dijo que estrelló el Porsche por no estar habituado al coche: la jueza desmonta su versión y lo condena
- Jácome mete el turbo en el último año de mandato y trata de desbloquear el PXOM, anulado desde hace 15 años y licita la redacción del plan del casco histórico a un año de los comicios
