A Mostra de Gando de Xunqueira de Espadanedo celebra o orgullo do sector primario ourensán
A segunda edición da Mostra de Gando reuniu a máis dun cento de exemplares de vacún, equino e ovino en Xunqueira de Espadanedo
Sobre o papel, a OU-536 conecta o concello Ourense co da Pobra de Trives. Na realidade, esta estrada permite descubrir todo aquilo que define a esencia da provincia, e mesmo de toda Galicia: a industria de O Pereiro, a beleza de Nogueira, a artesanía gastronómica de Castro Caldelas, o patrimonio de Esgos... pero sobre todo, o sector primario. Un sector primario loitador, orgulloso da súa herdanza e que, como se puido ver este sábado en Xunqueira de Espadanedo, sabe combinar os días de traballo duro cos de desfrutar e facer comunidade: a vila alfareira concentrou esta fin de semana a todo o Macizo Central ourensán na segunda edición da súa Mostra de Gando.
Máis dun cento de exemplares de vacún, equino, e ovino chegaron na tarde do venres ao campo de fútbol do municipio para expoñer aos múltiples interesados a gran variedade de razas que se pode atopar na contorna. O aparcadoiro do mosteiro de Santa María quedouse curto ante a expectación, e o centro da vila macedá quedou repleto de vehículos durante toda a xornada para coñecer o gando presente. Aínda que o gran reclamo da mosta, especialmente para os cativos, era unha familia de ponis cunha cría de poucas semanas, o catálogo incluía unhas cabezas de gandos das que estar orgullosos, entre as que destacaban, como non podía ser doutro xeito, as autóctonas. Entre elas a vaca caldelá ou a variedade vianesa, presentadas nos cubículos en conxunto de pais e crías ou con algún aporte especial, como o caso de catro exemplares que portaban o xugo tradicional dos concursos de arrastres de pedra do país vasco, pois o seu responsable, que agora ten a súa explotación en Castro Caldelas, é de procedencia éuscara. A elas se sumaban ovellas tanto galegas ou catalandas, unha gran variedade de cabalos ao trote ou, como non, unha ringleira de maquinaria agrícola, gran protagonista da actualidade ourensán durante o inicio do ano polas protestas contra Mercosur.
A comunidade como protagonista
Pero a esencia desta mostra de gando, nacida da vontade popular en 2025, non é só apreciar as cabezas, senón ter un motivo máis para reunirse e celebrar a vida no rural. Tanto é así que os premios da edición —para os cales o galardón eran cerámicas de Niñodaguia cun alfareiro modelando no momento—, concedíase pola persoa e non polo animal. Deste xeito, o criador máis veterán, a muller referencia do sector na zona foron as obsequidas, antes de que o obsequio concedido ao responsable de mostra de menor idade roubase todas as miradas. Chaleco serigrafiado enriba e bastón en man, así subía o palco ao ser chamado o pequeno, con só cinco anos pero coa confianza dalguén que sabe que ten toda unha comunidade apoiándoo. «Que queres ser de maior», preguntábanlle ao recibir o premio, por se quedaba algunha dúbida. Á resposta de «gandeiro», un clamor popular inequiparable demostraba que, aínda que o rural sexa «un exemplo de supervivencia en extinción» —segundo afirmada Miguel Gómez, da asociación agrogandeira Espadana), mentres haxa un só cativo que queira mantelo, hai motivos de sobra para confiar.
Suscríbete para seguir leyendo
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Juicio a un cigarrón del Entroido de Verín acusado de herir con el látigo a una mujer embarazada: «Se lo recriminé y no mostró arrepentimiento»
- Muere un motorista en un choque con una furgoneta en la A-52 en Ribadavia
- La Xunta anuncia que el parque acuático de Monterrei, abre el 19 de junio, con los mismos precios, por ahora, que en 2025
- Raúl, un estudiante de 21 años, idea una pasarela mirador bajo el viaducto del Miño con vistas privilegiadas de Ourense: «Ojalá sea una realidad»
- El viaje más dulce de Esther: de Ourense a los Andes para asesorar a apicultoras del Cusco peruano
- Jácome mete el turbo en el último año de mandato y trata de desbloquear el PXOM, anulado desde hace 15 años y licita la redacción del plan del casco histórico a un año de los comicios
