O Celta expón aos estudantes o proceso de consolidación da súa identidade galega
Alumnos do CIFP Portovello de Ourense recibiron a visita dos responsables de comunicación do celta nun encontro que reuniu a empresas exitosas que empregan o galego como lingua vehicular

André Taboada e Andrés Montenegro, na súa charla no encontro "Empresas en galego". / Iñaki Osorio
En xuño de 2022, o Celta malprotagonizou un episodio aínda lembrado por moitos seareiros no que por aquel entón era Twitter. Co gallo da fichaxe dun xovencísimo Williot Swedberg, o perfil do clube olívico publicaba en castelán —como ditaba a norma nese ano—, un vídeo asegurando ter recibido un paquete de IKEA co que procedían a montar a presentación do centrocampisto. O xigante dos mobles recolleu a luva cunha pequena chanza promocionando un dous seus produtos, pero cun detalle adicional: respondendo nun perfecto galego na súa conta a nivel nacional, o que provocou as gabanzas dos celtistas galegofalantes cara á empresa e as críticas á entidade deportiva «por reducir a lingua ao mínimo uso».
Menos de catro anos despois, esta anécdota semella una revelación en negativo da foto que hoxe rodea ao Celta e o galego: o emprego da lingua está practicamente institucionalizado, as reivindicacións da cultura da terra repítense case tanto coma os goles, e o clube atópase nun dos mellores momentos sociais da súa historia. Isto foi o que os alumnos do ourensán CIFP Portovello poideron escoitar de primeira man na mañá deste xoves, no marco do terceiro Encontro «Empresas en Galego» organizado polo centro para achegar exemplos de proxectos que poñer á lingua no centro da súa comunicación. Alí, aparte das entidades Quinteiro Doce, Xenera Compañía Eléctrica e Educar Educarei, acudiron Andrés Montenegro e André Taboada, responsable de comunicación dixital e coordinador audiovisual do equipo vigués, que protagonizaron o acto.
Unha estratexia con base en anos de historia
Os comunicadores explicaron aos estudantes que, aínda que o uso central do galego comezou hai tres tempadas, o seu papel na historia do Celta remóntase a anos atrás, mesmo á súa creación: «No seu orixe, o clube nace coa intención de responder ás inquietudes culturais de tódolos galegos. Por iso, entre outras razóns, escóllese o nome «Celta», e non o de Real Vigo, por exemplo», afirmou Montenegro. Como bo celtista, lembra que nos seus anos de infancia a lingua xa estaba presente na rutina do clube, principalmente nos anuncios do 'speaker', e xa nos últimos anos, na comunicación de diversas accións 'offline' ou materiais. Na memoria dos celtistas queda o «This is Afouteza» co que se recibiu en 2017 ao Manchester United, o lema «Orgullosos do noso» que encabezou a campaña de abonados da 2014/2015 ou como «A Nosa Reconquista» puxo nome á épica salvación do descenso en 2019.
Así é todo, tratábanse de accións momentáneas, pero que mudaron coa chegada da nova directiva de Marián Mouriño e o establecemento do proxecto «raíces, identidade, Galicia». «Con isto, a aposta do galego pasou de ser algo puntual a converterse nunha esteratexia empresarial. E non só na comunicación, todas as áreas están a traballar baixo esas tres premisas», incidiu Taboada. Un dos grandes piares deste cambio de rumbo foi, evidentemente o himno do centenario. Segundo explican os responsables da súa creación, as voces disonantes durante o proceso de composición tanto por facelo en galego como encargarllo ao artista C Tangana non fixeron dubidar en ningún momento da dirección que se tomou, e o tempo acabou por darlles a razón: «non só non foi un impedimento, senón que foi un factor diferenciador que acabou dándolle máis números e recoñecementos», como os tres galardóns recibidos no festival Cannes Lions.
Promover a cultura tradicional e moderna, unha peza chave
A construción desta identidade, como detallaron Taboada e Montenegro, pasa por comunicar en galego dende os 400 partidos de Aspas en LaLiga ata o aniversario da morte de Castelao, pasando por vídeos divulgativos como o de refráns galegos, pero nada tería sentido sen darlle un espazo á cultura galega. Tanto no apartado dixital, cos documentais de CeltaMedia sobre o Entroido ourensáns ou a viticultura da Ribeira Sacra; como no presencial, adicando os instantes previos a partidos destacados ás actuacións musicais das que se poideron desfrutar durante esta tempada en Balaídos: «Neses 5 minutos previos que nos deixa a liga temos un gran altavoz para amosar o noso. E nas redes, para nós igual sería máis fácil facer un TikTok con Iago facendo o meme do six-seven, pero parécenos moito máis importante seguir a facer ese tipo de contidos para honrar debidamente ás raíces», argumentou o coordinador audiovisual. Polo céspede celeste pasaron grandes colectivos enxebres como as pantallas de Xinzo ou a rondalla de Torroso, pero que tamén compartiron escenario con Fillas de Cassandra ou Hard GZ, no que para o equipo de comunicación é unha necesaria mostra de que a galeguidade tamén pode ser moderna.
Como concluían a delegación viguesa, a pesar de levar só tres tempadas, os resultados desta estratexia xa son patentes: «Traduciuse no que seguramente é o maior sentimento de pertenza da historia, o momento ao nivel social é máis potente que o Celta de Mostovoi. Estamos presenciando fitos que nunca pasaron, como ter unha lista de espera para ser abonados», explicou Montenegro. Máis alá dos números, os comunicadores tamén destacan unha importante labor de normalización lingüística, tanto en xogadores como Iago Aspas e Ionut Radu, que se animan a falar en galego para os contidos do clube por propia iniciativa, como a propia afección, que perde o medo a expresarse na lingua da terra ante os micros do equipo. E é que como expresa a mensaxe que deixaron na súa última diapositiva, «o galego non é un hándicap, é un valor diferencial que nos fai únicos».
Suscríbete para seguir leyendo
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El histórico ascenso de la Unión Deportiva Ourense a Primera RFEF garantiza un sueldo mínimo de 25.000 euros para 18 jugadores
- El Concello de San Xoán de Río, en Ourense, primer municipio gallego que se adhiere a una cooperativa de gestión energética
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- La Xunta anuncia que el parque acuático de Monterrei, abre el 19 de junio, con los mismos precios, por ahora, que en 2025
- María y Miguel, una sanitaria y un abogado reconvertido en jardinero que ahora venden en el rianxo sus arándanos eco con DNI de Ourense
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Dio positivo y dijo que estrelló el Porsche por no estar habituado al coche: la jueza desmonta su versión y lo condena