Xornada Radiovisual
A radio desfai fronteiras coa emisión de «Ponte nas ondas!» dende o campus de Ourense
A xornada conectou en directo centros educativos da eurorrexión combinando formatos radiofónicos e audiovisuais, ós que se sumaron a danza, o teatro e incluso os xogos tradicionais

O equipo á fronte da emisión en directo dende o campus ourensán. / Roi Cruz
O salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico do campus de Ourense converteuse este venres nun dos puntos destacados da XI Xornada Radiovisual Interescolar de Ponte…nas Ondas!, unha iniciativa que conectou en directo centros educativos de Galicia e do norte de Portugal nunha programación conxunta centrada no patrimonio inmaterial, a educación e a comunicación.
O espazo foi un dos dez puntos de emisión simultánea da eurorrexión, nunha xornada que reuniu alumnado de distintos centros, entre eles o CEIP Ben Cho Sey, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o CPI Mondariz, o CIFP Portovello e o propio alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social. No caso do CIFP Portovello, as alumnas do ciclo plurilingüe de Atención a Persoas en Situación de Dependencia asumiron o reto de participar por primeira vez nunha experiencia radiofónica en directo e en portugués, elaborando o programa «Coidar os coidados», no que puxeron en valor a súa futura profesión e a importancia dos coidados centrados na historia de vida das persoas.
Ao longo da xornada, os diferentes grupos artellaron unha programación diversa con entrevistas, magacines, intervencións literarias, teatro, danza e performances, nun formato híbrido entre o radiofónico e o audiovisual que tamén sacou tempo para a participación da tecedeira Concha Outeiriño, que compartiu os seus coñecementos sobre o tecido tradicional, e para unha demostración de xogos tradicionais, que espertaron grande interese entre o alumnado asistente.
A xornada incluíu ademais unha homenaxe á xornalista radiofónica Begoña Caamaño, á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2026, presente de forma simbólica en distintas intervencións ao longo da programación.
- Una plantilla de 70 personas, entre ellos 30 socorristas, se ocupará este verano del parque acuático y complejo de Monterrei
- Sanidade descarta que la niña de once años de Ourense falleciese por meningitis
- De la ciudad al rural: una familia argentina de Bilbao se muda al rural ourensano para emprender un proyecto de innovación
- Colegio Santo Ángel, cien años de solidaridad y formación desde el barrio de O Couto
- Los kioscos del rianxo, resistencia ante el abandono: «Son patrimonio de Ourense y urge restaurarlos»
- Reunión de los mandos de la Guardia Civil de Ourense
- La enfermería a domicilio en el rural de Galicia que ayuda a los pacientes y las cuidadoras
- Detenido tras caer su pareja desde un tercer piso en O Carballiño: ella lo culpó pero él niega que la tirase