Lg1do, artista urbano en galego: «O punto principal para manter este subidón no tempo é a humildade»
O xalleiro lg1do, a revelación do ano da música galega, actúa este sábado por primeira vez en Ourense xunto ao rapeiro Xmaseda

Saúl Rodríguez, Lg1do. / FdV
—Actúa este sábado na discoteca Luxus. É a súa primeira vez en Ourense? Que lle comentaron do ambiente nocturno que se move por aquí e que espera do seu show?
—Pois a verdade é que non escoitei moito sobre o ambiente nocturno por Ourense, pero espero o mesmo que en todos os sitios nos que fun ata agora: que haxa unha boa enerxía por alí.
—Con cada novo lanzamento escala un novo chanzo na súa carreira, que desta vez vese reflictido nesa colaboración co Deportivo de La Coruña no teu novo tema «Volar». Como surxiu esta oportunidade e que significa para un xalleiro futbolero que se interese en vostede o clube da terra?
—Non sei, é algo incrible, a verdade. Sigo bastante incrédulo, porque é algo que nunca me imaxinaría que pasase. Fíxome moita ilusión, tanto a min como ao meu avó. A verdade é que xurdiu polo meu equipo de traballo, e estamos súper contentos con todo o que está pasando.
—Dende o éxito de «Frente a Frente», en menos de medio ano tivo un crecemento totalmente exponencial, e o seu nome está en boca de media Galicia. Houbo tempo para asimilar todo o que está a acontecer?
—Para nada. Agora mesmo, cada día chegan noticias boas. En realidade, que non haxa moito tempo para asimilar nada significa que todo vai perfecto.
—Que pensaría o Saúl que comezou gravando temas do armario do que está a acontecer agora? Visualizaba chegar ata aquí en tan pouco tempo ou pensaba que sería un camiño máis prolongado?
—Non o creería. Ao final, obviamente non me esperaba que isto fose ir tan rápido nin desta maneira. Sempre o tiven na cabeza, sempre o soñei coa familia e cos colegas, sempre o visualicei. O que está pasando agora mesmo é unha pasada, estou súper agradecido, pero obviamente ninguén esperaba este crecemento exponencial a esta velocidade nin con esta magnitude.
—Este 'boom' está a coincidirlle con seguramente unha das etapas académicas máis duras da vida. Como está a ser o de compaxinar exames, concertos e gravacións na recta final de 2º de Bacharelato? E na súa clase, como levan os seus compañeiros e mestres o de preparar a ABAU cun rapaz que coloca temas en Viral España?
É bastante difícil compaxinar todo isto, porque é complicado levalo ao mesmo tempo cos estudos, que ademais cunha densidade enorme de temario. Ao final hai que sacar tempo de onde non o hai, tanto para estudar como para gravar, ir a concertos ou eventos e dedicarse a todo isto. Pero bueno, sempre estou moi agradecido, porque son cousas que tiñan que pasar e están pasando agora, así que hai que valoralo o máximo posible e dar as grazas sempre. Os meus compañeiros e amigos sempre me apoiaron e estiveron aí. Dende antes xa escoitaban o que facía e sempre me animaron, e iso valórase moito. Agora están todos moi contentos, están flipando igual ca min.
—Un «subidón» tan repentino, á súa corta idade, e nunha época caracterizada polo efímero, pode ser complicado de manter no tempo se non se xestiona ben. Cales cres que serán as claves para aproivetar correctamente este éxito e acadar o soño de adicarse profesionalmente á música?
—Realmente penso que o punto principal é a humildade. É moi importante ter a cabeza no seu sitio, porque podes soñar e visualizar moitas cousas, pero sempre tes que ser consciente de onde estás e de quen es realmente, sen perderte no que está pasando. Ademais, creo que tamén é fundamental rodearse doutros artistas para mellorar como músico e seguir aprendendo. No meu caso, por exemplo, non teño estudos musicais como tal, así que intento aprender todo o posible no día a día.
—Volvendo ao deste sábado, compartirá show con Xmaseda, outros dos nomes referencia da escea urbana galega. Como é a relación con el e coa tropa que tamén lle pega ao estilo (Willow GHZ, XianPais, 9Louro)? Podemos agardar algunha colaboración? Hai un sentimento de colectivo no xénero?
—Dende que empecei a facer música, Xmaseda foi dos primeiros artistas cos que tiven contacto, así que para min é algo bastante especial poder compartir escenario con el. Temos todos moi boa relación, sempre me trataron súper ben e me deron a man cando empezaba, e iso valórase moito, sobre todo porque todos teñen moita máis experiencia ca min. En canto ás colaboracións, hai algo por aí, pero de momento non podo dicir con quen. Xa se saberá máis pronto que tarde. E si, obviamente hai un sentimento de colectivo no xénero, e é moi bonito saber que podes contar con todos e compartir todo o que está pasando agora mesmo.
—Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, dicía que a clave é poñer Galicia no mapa coa música e romper fronteiras sen perder esencia. Cre que a música galega, igual que pasou hai pouco coa canaria, pode posicionarse no 'top' do urbano en España mantendo esa esencia da terra?
—Creo que son cousas distintas, ao final, porque o galego é unha lingua que non fala toda a península e a música canaria normalmente é en castelán. Aínda así, estou traballando para facer todo o posible por representar a Galicia en todos os lados posibles, non só coa lingua, que é moi importante, senón tamén coa esencia de todo o que implica Galicia. Así que si, sexa na lingua que sexa, a música galega e os artistas de aquí temos o potencial para estar arriba.
—Comentaba nalgunha entrevista que ves dunha casa con avó pandereteiro e pai pianista. O folclore e a música popular teñen algunha pegada na súa discografía, inda que sexa en espertar o interese pola música?
—Tiven moita xente ao meu arredor con moita cercanía tanto co baile galego como coa música folclórica galega, pero sinceramente nunca me chamou moito escoitala como tal. Aínda así, paréceme algo súper bonito e moi propio de aquí. Non sei se é pola miña idade, pero sempre escoitei máis música urbana, sobre todo en inglés, aínda que recoñezo que o folclore galego é algo moi especial.
—Por último, e retomando ese tema de «romper barreiras», van dar un show nunha discoteca na que, cinco anos atrás, dicir que dous rapaces cantando en galego están a piques de esgotar as entradas causaría algunha que outra risa. Que pensa que está a cambiar na percepción da xente?
—Penso que si que está cambiando un pouco o punto de vista de todos, sobre todo co que se pode facer coa lingua. Ao final, romper fronteiras non se trata da lingua, senón do mensaxe que queres dar, dá igual que sexa en galego ou en castelán. É brutal o recibimento que está tendo a música en galego, estou súper agradecido. Paréceme unha barbaridade ver tanta xente que igual antes non falaba en galego e agora se anima grazas a isto, é algo moi bonito.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una plantilla de 70 personas, entre ellos 30 socorristas, se ocupará este verano del parque acuático y complejo de Monterrei
- Muere un conductor al caer al vacío desde el viaducto de la A-52 en Melón cuando su camión hizo la tijera
- Muere un conductor de 27 años en una salida de vía en Sandiás
- Reunión de los mandos de la Guardia Civil de Ourense
- Por cada hijo, una flor: multitudinaria ofrenda floral de las madres en la parroquia ourensana de Fátima
- Un voraz incendio calcina de madrugada la antigua Casa de Baños de Ourense: apuntan a okupas
- La Fiscalía de Ourense rebate a Jácome: sus actividades privadas «con importantes beneficios» son «absolutamente incompatibles» con su sueldo público de alcalde
- Colegio Santo Ángel, cien años de solidaridad y formación desde el barrio de O Couto