Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Literatura

Óscar e Alba Guzmán, pai e filla escritores, serán os pregoeiros da feira do libro de Ourense

Os dous autores, unidos polo seu vencello familiar, a arte da escrita e distintos galardóns, abrirán un evento que levará a literatura á rúa desde o 17 ao 20 de xuño, no Parque de San Lázaro de Ourense

Óscar e Alba Guzmán, pai e filla, e ámbolos dous escritores premiados. | CEDIDA

Óscar e Alba Guzmán, pai e filla, e ámbolos dous escritores premiados. | CEDIDA

Javier Fraiz

Javier Fraiz

Ourense

Entre o 17 e o 20 de xuño, o Parque de San Lázaro da cidade acollerá a Feira do Libro de Ourense, que este ano acada a 42 edición. Os escritores Óscar e Alba Guzmán, pai e filla, serán os pregoeiros. O seu discurso a dúas voces, durante a inauguración do evento literario —o día 17, a mediodía—, servirá de diálogo entre distintas xeracións de autores.

Óscar M. Guzmán (Vilamarín, 1970) é autor da saga do inspector Saladino Mariño, iniciada con ‘Os segredos de Teresa’ (Toxosoutos) e continuada con ‘Pero... como morren as pegas?’ (Galaxia), unha obra coa que acadou o Premio Vilar Ponte, en 2023. O vindeiro mes de xullo, Óscar publicará con Xerais ‘Só os mortos saben a verdade’, unha historia coa que se impuxo no XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.

Alba Guzmán (Ourense, 2003), unha das grandes voces da literatura galega actual, publicou con Xerais as novelas ‘Xoaniña de Deus’ e ‘A vinganza de Paquiño Jackson’, despois de gañar con ambos manuscritos dúas edicións dos premios Xuventude Crea, nos anos 2021 e 2024. Esta autora conta, ademais, con numerosos recoñecementos en certames literarios, como os Minerva, Ames ou os premios da Universidade de Vigo.

Tracking Pixel Contents