Educación
Nove colexios ‘pásanse a bóla’ nun programa contra o acoso escolar
d. a.
A provincia de Ourense acolle este curso actividades do programa «Pasando a Bóla» contra o acoso escolar en nove centros educativos. A iniciativa, dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria, combina unha representación teatral participativa coa intervención do público para favorecer o diálogo sobre estas situacións e buscar respostas desde a propia comunidade educativa.
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa asistiu este martes a unha das sesións celebradas no Colexio O Couto, onde enmarcou esta actividade no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar impulsado pola Xunta. Segundo explicou, esta estratexia inclúe medidas orientadas a promover a inclusión, mellorar a convivencia e garantir un clima seguro nas aulas.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP lembrou ademais a sinatura do acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias para poñer en marcha este ano a Rede de Concellos contra o Acoso Escolar, con accións de sensibilización, prevención, formación e intervención.
En toda Galicia, o programa chegará a 50 centros e a 3.500 alumnos. En Ourense desenvólvese, ademais de no O Couto, en colexios dos Blancos, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cualedro, Ourense, Ribadavia, Vilamartín de Valdeorras e Xinzo de Limia.
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Xunta y concellos entrarán ya a limpiar fincas en zonas de riesgo de incendios si el propietario incumple sus deberes
- Expectación en el Chuvi por un plazo para cambiar de hospital que podría agudizar sus demoras
- El ourensano Juan Bouzo, que cumple 104 años, sigue tomando su vaso de vino al día «porque le da fuerza»
- El TSXG otorga 250.000 euros de indemnización a un paciente que sufrió una demora «negligente» en ser intervenido de un ictus por falta de camas en el hospital Álvaro Cunqueiro
- Stellantis Vigo inicia la producción de las primeras furgonetas K9 de tipo 'low cost'
- De récord en récord: los extranjeros copan más del 65% de los nuevos empleos creados en Galicia
- Así son los MG, los coches chinos de la otrora marca británica que SAIC apunta a fabricar en Galicia