Educación
O Carballiño reúne aos mellores oradores adolescentes de Galicia
A Residencia de Tempo Libre acolle a fase clasificatoria do Parlamento Xove, no que alumnos de ESO, Bacharelato, FP e universidade enfróntanse en debate

Un dos debates levados a cabo onte na residencia de Tempo Libre do Carballiño. / Roi Cruz
A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe? esa foi a cuestión á que, dende o pasado fin de semana e ata o próximo 14 de marzo, enfróntanse preto de 64 equipos e 307 participantes na residencia de tempo libre do Carballiño. E é que a que xa é a 17ª edición do Parlamento Xove volveu reunir na vila termal a estudantes de toda Galicia con inquedanzas no debate, o discurso e oratoria, para poñer a proba as súas habilidades de refutación fronte centros das catro provincias.
Trala incursión na residencia dos alumnos de ESO na fin de semana anterior, este venres e sábado foi a quenda dos participantes de Bacharelato. 127 oradores divididos en 24 equipos, nos que o único representante ourensán foi o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, enfrontáronse en ata 36 debates distintos. Tras sortearse minutos antes que bando collería cada equipo (os centros debían preparar argumentos tanto a favor como en contra), en turnos de 4 ou 5 minutos debían expoñer e argumentar a súa postura, refutar con evidencias as do equipo contrario e rematar a súa rolda cunha conclusión impactante. Logo, o xurado debía puntuar a cada equipo nos tres bloques de avaliación (oratoria, argumentación e coherencia da estrutura do turno).
Un novo criterio para elixir o top-8
A celebrada entre onte e antronte no Carballiño supoñía a fase clasificatoria deste Parlamento Xove, e soamente os oito mellores equipos pasaron á fase final, que se celebrará entre maio e xuño no Parlamento de Galicia. O criterio de selección deste top-8, como novidade, cambiou por primeira vez nesta edición: a clasificación reñiuse unicamente pola puntuación total obtida nos debates, mentres que o número de vitorias quedou relegado a un criterio de desempate. Isto foi algo a celebrar por parte do xurado, pois «había enfrentamentos onde a diferencia era dun punto, e iso facía que un equipo non puidera pasar de fase. Con este novo criterio, asegurámonos que a final sexa dunha calidade excepcional», conta Jaime Álvarez Formoso, un dos membros do xurado.
Precisamente, o tribunal das catro salas de debate representaba o súmmum da didáctica, pois as mesas estaban conformadas por ex-participantes do Parlamento Xove e outros torneos de oratoria, que tras un curso formativo formaban agora parte do outro lado da ecuación. Esta experiencia previa notouse principalmente á hora de dar os resultados, pois máis alá dunha reflexión simple, adicaron varios minutos a explicar alumno por alumna os puntos fortes e a reforzar do seu discurso: «Cremos que o feedback é o máis importante dun debate, é a maneira de que cada participante poida chegar a mellorar, sempre sendo moi educativos e moi claros nos puntos a perfeccionar», engade María Calo Pumar, tamén xurada.
Entre os equipos participantes había niveis e experiencia variables, dende rapaces que comezaran a debater meses antes para prepararse para a proba ata alumnos que levan anos inmersos no mundo da oratoria, e que a súa calidade lévaos incluso a niveis nacionais. É o caso do equipo do IES Ollos Grandes, de Lugo, que ten entre os seus integrantes a Carmen Ánguez e Ángel Gallego, que están xa entre os 30 mellores oradores do Campeonato Nacional de Discursos deste ano. «Estamos ya en la fase final después de superar una clasificatoria, ahora la competición se divide entre una parte on-line, que se basa en interracciones con nuestros vídeos, y un debate presencial en madrid», explica Gallego. As súas presentacións están publicadas no perfil @dicentis_ en redes sociais, e precisan o apoio de tódolos galegos para obter a máxima calificación posible.
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Xunta y concellos entrarán ya a limpiar fincas en zonas de riesgo de incendios si el propietario incumple sus deberes
- Expectación en el Chuvi por un plazo para cambiar de hospital que podría agudizar sus demoras
- El ourensano Juan Bouzo, que cumple 104 años, sigue tomando su vaso de vino al día «porque le da fuerza»
- El TSXG otorga 250.000 euros de indemnización a un paciente que sufrió una demora «negligente» en ser intervenido de un ictus por falta de camas en el hospital Álvaro Cunqueiro
- Stellantis Vigo inicia la producción de las primeras furgonetas K9 de tipo 'low cost'
- De récord en récord: los extranjeros copan más del 65% de los nuevos empleos creados en Galicia
- Así son los MG, los coches chinos de la otrora marca británica que SAIC apunta a fabricar en Galicia