Universidade
O campus festexa a Rosalía de Castro con ritmo propio
No marco da celebración do día da escritora, realizaron un obradoiro de baile galego da man de Artur Puga

Artur Puga, trasladando os seus coñecementos ós estudantes da UVigo. | ROI CRUZ
O Campus volveu encher de tradición e actualidade as aulas con motivo do Día de Rosalía. A Facultade de Educación e Traballo Social sumouse un ano máis á conmemoración de Rosalía de Castro cunha proposta que mudou os pupitres polo movemento: un obradoiro de baile tradicional galego impartido polo bailarín e coreógrafo Artur Puga.
A actividade combinou práctica e reflexión co obxectivo de tender pontes entre a tradición rosaliana e a creación contemporánea. «Queremos por en valor os nosos referentes culturais e identitarios, partindo da autora que inaugurou a literatura moderna en lingua galega», explicou a vicedecana do centro, Ana María Iglesias.
A iniciativa enmárcase no Plan de Galeguización da facultade e supón unha continuidade a outro obradoiro anterior impartido por Mondra. Todo porque para o equipo decanal, «é fundamental ofrecer ao alumnado referentes actuais que, en galego, traballen a identidade sen desligarse das raíces», especialmente tratándose de futuras e futuros docentes de Educación Infantil e Primaria. «É importante que coñezan as posibilidades didácticas da hibridación entre o tradicional e o moderno na cultura galega», subliñou Iglesias.
Con carácter eminentemente práctico, o obradoiro reuniu arredor de 40 estudantes que se iniciaron nos pasos básicos do baile tradicional galego. O obxectivo, explicou Artur Puga, era dobre: «romper co clixé de que é unha práctica reservada ás persoas maiores» e facilitar ferramentas que o alumnado poida trasladar ao seu futuro exercicio profesional.
«Trátase de facer un traspaso desa información para que a poidan empregar no seu traballo como docentes», sinalou o bailarín, colaborador das Tanxugueiras, egresado en Ciencias da Educación e do Deporte pola Universidade de Vigo e en Filosofía. Puga lembrou ademais que a música —tradicional ou non— forma parte do currículo educativo nas distintas etapas, aínda que recoñeceu que «segue habendo moito medo a relacionarnos con cousas que non controlamos moito».
Neste sentido, defendeu iniciativas coma esta para «quitar ese medo e lograr que nos colexios e institutos o alumnado poida achegarse con naturalidade á tradición propia», neste caso a través do baile.
Puga, actualmente profesor na Universidade de Braga, considera que Galicia vive «un momento doce» tras anos de efervescencia musical e dancística. Porén, advertiu da necesidade de que este auxe se traduza nunha verdadeira normalización. «Cada vez é máis habitual que calquera persoa se relacione coa música e o baile tradicional desde onde queira: indo ver un grupo a un festival, tocando a pandeireta ou asistindo a clases», apuntou.
Máis alá dos pasos e das coreografías, o obradoiro permitiu tamén falar de tradición oral, memoria colectiva e do papel das mulleres na transmisión cultural, todo desde unha perspectiva de xénero. Unha maneira de celebrar a Rosalía non só desde a palabra, senón tamén dende o corpo e o ritmo. n
- De aldea vaciada a destino internacional: el proyecto en el rural de Ourense de Jonathan y Adrián
- La torre medieval entre vides salvada del olvido
- Denuncian que Netflix borró una histórica pintada de las Mocidades Galeguistas en Celanova durante un rodaje
- Viaje accidentado de una familia: dos heridos graves en una colisión contra una casa en el municipio ourensano de Piñor
- El templo budista de Galicia, en cuenta atrás para su reapertura tras el fuego
- El Concello de Ourense activa las cámaras de videovigilancia: multas de hasta 100 euros por acceso indebido
- Comerciantes de la Plaza de Abastos de Ourense, 'estupefactos' ante el proyecto de traslado subsidiario
- Buscan en Ourense a una menor de 16 años desaparecida tras no regresar a su centro de acogida