Literatura Galega
Poemas, música… e un «caldo de gloria» por Rosalía
Centos de escolares lembraron a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento

Os pequenos de Salesianos comendo o caldo de Follas Novas. | IÑAKI OSORIO
O salón de plenos do Concello de Ourense converteuse na mañá de onte nun auténtico escenario poético. Representantes de máis de 200 alumnos e alumnas de Educación Primaria e Secundaria dos colexios Carmelitas, Franciscanas, Purísima, Salesianos e Josefinas enchérono de voz e ritmo recitando e musicalizando poemas de Rosalía de Castro, nunha homenaxe polo aniversario do seu nacemento, en 1837.
Con todo, o protagonismo recaeu nos centros escolares. En Salesianos o acto central comezou coas palabras de presentación dunha representación do alumnado de segundo de ESO, que explicou á comunidade educativa o significado desta celebración. A continuación, recitáronse varios poemas de Follas Novas e Cantares Gallegos, acompañados de pequenas interpretacións musicais e o punto final chegou cun xesto simbólico: todos os participantes colocáronse a careta de Rosalía, facendo visible que, por un momento, todos se convertían na poeta que abrazou a nosa lingua e cultura.
Pero non so houbo música e poesía, no comedor do mesmo centro servíuse o «caldo de gloria», inspirado no poema «Miña casiña, meu lar», de Follas Novas. Cada prato viña acompañado dun mantel de papel co texto completo do poema, para que os escolares puidesen degustar a receita mentres lían os versos da autora.

A actuación musical no salón de plenos do concello. | IÑAKI OSORIO
Nas aulas, as actividades continuaron durante toda a xornada. En Infantil descubríronse os contos adaptados sobre Rosalía, mentres que en Primaria traballaron unidades didácticas centradas na súa vida e obra. En Secundaria, os estudantes profundizaron na análise de poemas e na historia da literatura galega, recollendo exemplos da linguaxe poética de Rosalía. Ademais, na Sala Aberta do centro permanecía unha imaxe a tamaño real da poeta, lembrando aos alumnos a súa presenza durante toda a celebración.
En Cardenal Cisneros tamén se degustou o «caldo de gloria» neste centro ese «prato humilde convertido en memoria e dignidade do noso pobo» compartiuse no «Furancho de Rosalía», un dos corredores do colexio que se transformou en espazo onde probar o manxar que lembra á escritora galega. Ademais, tampouco faltou a poesía, o director do Movemento Cultural «Nós, a Xente do Redor» dedicou o poema «Naiciña», que foi recitado diante da comunidade educativa, porque, ensalzan dende Cisneros, «Rosalía segue viva nas aulas, na palabra e na conciencia dun país que non esquece as súas raíces».
Suscríbete para seguir leyendo
- «Termalismo con estrellas»: Hotel balneario, terapias termales y menús de chefs Michelin en un pack de lujo
- «Clima de terror» en casa: agredía a su hija, «anulaba» e insultaba a su mujer y pegaba a los perros
- Siete años de cárcel por violar en un callejón de Ourense a una menor a la que dejó tirada: «Se aprovechó deliberadamente» de que estaba ebria
- El templo budista de Galicia, en cuenta atrás para su reapertura tras el fuego
- El Concello de Ourense activa las cámaras de videovigilancia: multas de hasta 100 euros por acceso indebido
- Ribeira Sacra ultima casi 10.000 plazas para una Semana Santa explosiva: del púrpura del brezo al blanco de los cerezos
- Emprendimiento con hilo y aguja: la historia de Madejas Tejerlo y su apuesta por lo local y lo auténtico desde el interior de Galicia
- Acusan a un vecino de matar a sus perros y le destrozan el coche