Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Consecuencias das borrascas

Unións Agrarias pide a Mesa da Pataca

Leiras do río Támega, en Verín, anegadas. | BRAIZ LORENZO

Leiras do río Támega, en Verín, anegadas. | BRAIZ LORENZO

Ourense

Unións Agrarias solicitou onte á Consellería de Medio Rural a constitución e convocatoria «con urxencia» a Mesa da Pataca de Galicia, ante as dificultades que están a atravesar os seus produtores «pola situación de asolagamento das zonas de produción, sobre todo na comarca ourensá da Limia».

Dende a organización afirman que o sector está a pasar por unha situación «complexa», xa que á baixa de prezos en orixe e o incremento de custos de produción sumóuselle nas últimas semanas as condicións climatolóxicas adversas, que deixaron anegada gran parte da terra de cultivo. «Con cotizacións que en ocasións apenas superan os 12 cts/kg, reclamamos que vixíen para evitar o incumprimento da Lei da cadea alimentaria, ante a sospeita de que se estea forzando a vender a perdas», expresan.

Tracking Pixel Contents