Allariz despide ao exalcalde Paco García cunha emotiva homenaxe
Veciños, amigos e compañeiros acompañaron a familia nun acto público e civil

Homenaxe a Francisco García na Praza Maior de Allariz, este domingo. / IÑAKI OSORIO
R. O.
«Paco García foi un referente do BNG, un exemplo de compromiso, coherencia e amor por Galiza, profundamente comprometido coa xustiza social, coa defensa de Galiza e cunha maneira digna e valente de facer política, sempre pensando no ben común. Deixa unha pegada fonda. O seu legado seguirá vivo», salientou o Bloque Nacionalista Galego trala morte, na noite do venres ao sábado, do exalcalde de Allariz Francisco García Suárez, a quen a súa vila natal, e o seu berce político, despediu este domingo cunha homenaxe pública na Praza Maior, tralo seu pasamento aos 69 anos.
Compañeiros do BNG, achegados, amigos e veciños acompañaron a familia con agarimo tralo pasamento dun home bo, alegre e xeneroso, segundo salientaron os seus próximos e os que compartiron vivencias na política institucional, tamén doutras formacións políticas, con representantes de PSdeG e PP na homenaxe, ademais de varios cargos públicos do Bloque, como a portavoz nacional Ana Pontón, nun acto emotivo e respectuoso na praza, diante da Casa do Concello.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto á alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o exconselleiro e histórico do Bloque Alfredo Suárez Canal. / IÑAKI OSORIO
García foi edil en Allariz desde os noventa. Trala renuncia á alcaldía de Anxo Quintana converteuse en rexedor do seu concello no 2000. Renovou a confianza da veciñanza con maiorías absolutas consecutivas. No 2018 deixou o cargo, do que tomou o relevo Cristina Cid, a actual alcaldesa. O seu pobo despídeo co corazón.
- «Clima de terror» en casa: agredía a su hija, «anulaba» e insultaba a su mujer y pegaba a los perros
- Siete años de cárcel por violar en un callejón de Ourense a una menor a la que dejó tirada: «Se aprovechó deliberadamente» de que estaba ebria
- Viaje accidentado de una familia: dos heridos graves en una colisión contra una casa en el municipio ourensano de Piñor
- El templo budista de Galicia, en cuenta atrás para su reapertura tras el fuego
- El Concello de Ourense activa las cámaras de videovigilancia: multas de hasta 100 euros por acceso indebido
- Ribeira Sacra ultima casi 10.000 plazas para una Semana Santa explosiva: del púrpura del brezo al blanco de los cerezos
- Buscan en Ourense a una menor de 16 años desaparecida tras no regresar a su centro de acogida
- «Termalismo con estrellas»: Hotel balneario, terapias termales y menús de chefs Michelin en un pack de lujo