Cecilia Santóme : «Grazas por darme o premio dun grande da nosa patria»
A escritora vilalbesa recolle o seu galardón, como gañadora do XLIV Blanco Amor de Novela, pola súa obra ‘Boundaries Road’

Cecilia Santomé tras recibir o premio de mans de Luis Menor. | Roi Cruz
REDACCIÓN
A escritora vilalbesa Cecilia F. Santomé agradeceu a «xenerosidade» de quen estimou que a súa obra sexa «unha novela digna da estirpe dun dos máis grandes autores que deu a nosa patria», ao recoller onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o XLIV Premio de Novela Eduardo Blanco Amor pola súa obra «Boundaries Road». A escritora engadiu que a intención primeira da novela foi «facer do recordo materia narrativa, amasar nomes, espazos, certas sensacións, algúns acontecementos e engadirlles lévedo da literatura ata velos medrar na artesa».
Cecilia F. Santóme foi a autora elexid polo xurado deste premio, organizado pola Fundación Blanco Amor en colaboración coa Deputación de Ourense, dotado cunha unha peza escultórica de Acisclo Manzano, que forma parte do galardón polo que recibirá 15.000 euros.
O presidente provincial, Luis Menor, enxalzou a boa saúde deste galardón, manifesta no récord de participación deste ano, con 75 propostas recibidas. Nesta liña, anunciou que o apoio da institución provincial seguirá sendo firme á Fundación Blanco Amor, «fundamental» na preservación do legado dun ourensán que, dixo Menor, «está máis vivo ca nunca, cunha herdanza cultural clave para as novas xeracións».
Menor tamén indicou a «elevada e sólida calidade» do premio, lembrando que tres dos galardoados (Alfredo Conde, Marilar Aleixandre e Xesús Fraga) foron despois recoñecidos co Premio Nacional de Narrativa.
O xurado valorou o estilo «moderno» da obra, que dialoga coa literatura actual, así como a «creación dun universo narrativo con gran pegada poética», así como as personaxes «elaboradas con moita coherencia».
Pola súa banda, o director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar, referiuse a unha obra de Eduardo Blanco Amor recentemente rescatada, o ensaio «Castelao, escritor».
Deste xeito, aproveitou a velada literaria para poñer en valor este texto escrito en 1950 por Eduardo Blanco Amor, o mesmo ano da morte de Castelao.
Referiuse a un traballo que foi publicado pola editorial Galaxia, González Tosar referiuse ao «valor engadido» e ao carácter «inédito» da obra, xa que contén o discurso que pronunciou Blanco Amor o 8 de xaneiro de 1950 no cemiterio da Chacarita, en Bos Aires, para despedir os restos mortais de Castelao.
Un novo valor literario
Cecilia Fernández Santomé (San Simón, Vilalba, 1984) é tradutora, narradora e lingüista. Ten participado en proxectos de xornalismo colaborativo como «Toonari Post» ou «55 Pages», ademais de codirixir a revista en liña «Coolt».
En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal polo seu relato «34, Rue Saint Jacques».
En 2021, obtivo o terceiro premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía por «As orfas daquel verán». Tamén é autora das novelas «Quérote. Eu tampouco» (Xerais, 2019), «Unha rapaza de provincias» (Xerais, 2021) e «As despedidas» (Xerais, 2024).
- Primera feria del año: «Vendimos todo el pulpo y, por ahora, sin subir precios»
- Carmen, a número 1 dos futuros fiscais, quere ser «a voz de quen non a ten»
- La tractorada corta la autovía A-52 a la altura de Trasmiras, en Ourense
- Uno de los jóvenes fallecidos en el incendio de Nochevieja en Suiza tenía raíces gallegas
- Muere una mujer tras derrumbarse su vivienda en la localidad ourensana de Cartelle
- Pulso en el IES Allariz: carteles, quejas y correos a seis meses
- La provincia gastó casi 5,4 millones en la Lotería de El Niño, un 4,58 % más
- Intentan alquilar un estudio en Ourense con fotos de uno de Madrid y un DNI robado