Facerlle a puñeta ao estancamento no folclore
O cantante e bailador Mondra ofreceu no edificio de Ferro o obradoiro «Achega á música tradicional galega: de onte a hoxe», no que dialogou con alumnos de varios ámbitos da educación sobre como divulgar a tradición no seu futuro.

Martín Mondragón, «Mondra», nun instante do obradoiro no Edificio de Ferro. / Iñaki Osorio
«Se fose poeta, non me iría nada ben», bromeaba Martín Mondragón no Edificio de Ferro ao esquecerse parcialmente da letra dunha das súas cancións. E aínda que pinchara nesta faceta, a da poesía é unha das poucas que ao artista de Teo quédalle por mostrar. Como ben di o coñecido tema «PUNHETA!», Mondra (o nome que adquire para o seu proxecto musical) sabe cantar, bailar e tocar a pandeireta, o que o colocou como unha das maiores figuras actuais do «tradi» galego. A ese repertorio suma dende o ano pasado unha faceta pedagóxica con talleres en colexios e institutos, á que onte sumou a súa primeira incursión en estudos superiores.
E é que Mondra presentou onte na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense o obradoiro «Achega á música tradicional galega: de onte a hoxe», enmarcado no programa «Mondra na escola» co que percorreu centros educativos de toda Galicia o pasado curso, pero sen chegar ás universidades. As 30 prazas ofertadas para alumnos de Educación Infantil, Primaria e Educación e Traballo Social esgotarónse para participar no que o teense ideaba como unha conversa entre alumno e músico na que asentar as nocións básicas sobre cultura tradicional.
O obxectivo? Dotar da información necesaria para falar sobre o folclore da terra ás futuras docentes e influentes en persoas que se atopaban na sala, é dicir, ensinar a quen ensinará: «Creo na arte e na educación como transformadoras do mundo, e hai moito de sociedade na miña música, polo que trasladar a nosa cultura tradicional ás futuras usuarias de toda esta xente é unha labor moi importante para min», contaba Mondra.
Da raíz á evolución
A primeira dinámica que Mondragón propuxo xa anunciaba que o obradoiro estaría moi afastado dunha impartición teórica. Ao altofalante, soaron dúas pezas. Primeiro, o tema «vale máis un canciño», un dos valuartes de «De ronda», o último álbum do artista; a continuación, unha gravación da cantiga popular na que Mondra se inspirou para a canción, que malia ser unha melodía infantil moi coñecida en Cuba, a mostra que puxo fora gravada na Gudiña en 1952.
«Onde vedes as diferenzas», preguntou o artista ao rematar a escoita. As respostas saían pouco a pouco: o tema de Mondra adaptaba, que non traducía, o de 1952 castelán ao galego; a condición racial do «perrito chino» da orixinal eliminábase por ser unha cuestión coa que o artista non se sentía identificado; e a estrofa «cando puxen esas botas - unha dama me sentín- co meu mantón de manila - e os peteiros en carmín» introducía unha perspectiva queer coa que o teense aportaba parte da súa esencia.
Unha simple análise da forma de traballar dos artistas que parten do «tradi» serviu para entender a máxima máis importante da cultura popular galega: a tradición, como dicía Castelao, é eternidade, e a evolución e adaptación do folclore aos nosos tempos é máis unha necesidade que unha opción: «Non podemos sentir a música e o baile como unha peza de museo, non podemos velo como algo que só estaba en 1940... se tan só tres dos que estamos nesta sala interpretamos o seu xeito de cantar e bailar para facelo noso, xa será un éxito», reflexionou Mondra.
Xogo, improvisación e identidade
Pero para poder facer uso deses códigos, había que coñecelos a fondo, e o obradoiro encargouse desta labor da mellor forma posible: con axuda das demostracións musicais que Mondra fixo con pandeiretas, pandeiros ou mesmo sachos, os participantes foron descubrindo de forma intrínseca o contexto social que levaba á creación das foliadas, o sentido figurado e cuestións de amoríos e protestas que rodea ás cantigas e, sobre todo, a gran capacidade de xogo e improvisación coa que conta o folclore galego, «única na Península Ibérica», como explicaba o artista teense.
A defensa da lingua
A cuestión da lingua tampouco foi obviada, que de feito é unha das maiores preocupacións do programa «Mondra na escola»: «Vivimos nunha situación cultural complexa, onde o galego vive unha situación de emerxencia e hai un desapego moi grande á cultura do país... Entón, vexo fundamental e urxente que nas aulas, terapias, ou pedagoxías que vaia facer esta xente integren pequenas vinculacións constantes á nosa cultura e á nosa lingua», explicaba o artista, que recoñeceu que en moitos dos centros que visitou «pouco máis e hai que explicar que temos unha lingua propia».
Suscríbete para seguir leyendo
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una cuidadora que volvía de trabajar y un obrero jubilado: un mortal accidente de tráfico que consterna a todo un pueblo
- Un restaurante escuela en Ourense ofrece menús de alta cocina a precio formativo y reservas agotadas
- El conductor detenido por homicidio imprudente en el accidente de Muíños queda en libertad
- Un camión con motores arde en la A-52 y obliga a cortar la autovía sentido Vigo
- Una invasión de carril mientras conducía ebrio: investigan el accidente que mató a una mujer y luego a su marido tras conocer la noticia
- «Nos llaman de toda España; no hay precedente de un alcalde que desahucie a sus placeros»
- Ourense inaugura su Navidad más luminosa