Menos fogueiras, pero máis historias
Os magostos de San Martiño celebráronse con menos xente da habitual. A coincidencia do festivo entre semana e as previsións de choiva reduciron as fogueiras en Montealegre, aínda que moitos veciños e novos residentes mantiveron viva a tradición.

Gurpos de familia e amigos chegna a Montealegre para facer os Magostos populares / Iñaki Osorio
«Polo San Martiño, castañas e viño», recollen múltiples refraneiros galegos. E aínda que o dito é case unha relixión para moitos ourensanos que celebran o Magosto cada 11 de novembro, o deste 2025 foi o menos candente da época recente. Fronte aos fíos de fume branco e o aroma a tizón e froitos secos que enchían Montealegre en anos anteriores, onte atopar unha fogueira era case unha busca do tesouro.
O feito de que o festivo polo patrón de Ourense cadrase entre dous días laborables fixo que moitos celebrasen o Magosto a fin de semana anterior, e as previsións de choiva fixeron que outros optasen por plans máis de interior. Porén, o tempo acompañou, como xa fixera no Samaín: día solleiro pero frío, perfecto para gozar das vistas e do calor do lume.
Tradicións que se manteñen en familia
Foi o caso de Laura Vázquez, que subiu ata Montealegre con familia e amigos para manter viva a tradición. Explicou que eles xa o viviran dende nenos e agora querían que os seus fillos collesen tamén o costume, que non se perda o que é vir ata o monte, buscar o sitio, recoller a leña, preparar as brasas e deixalo todo limpo e recollido.
Mentres os máis pequenos saboreaban choripáns con entusiasmo, a escena confirmaba que, polo menos nesa familia, o legado do Magosto está asegurado.
Un Magosto multicultural
As fogueiras deste ano tamén reflictiron a diversidade cultural que gañou Ourense nos últimos tempos. Así o amosou Marcelino, veterán das castañadas, acompañado dun grupo de amigos do seu fillo. Entre eles, só o brasileiro Ailson tiña experiencia, pois para o resto —de procedencia latinoamericana— era o primeiro Magosto.
O grupo asegurou que era agradable estar arredor da fogata co frío, coa parrillada, as castañas e sobre todo compartindo tempo coa xente. Non fai falta medrar en Galicia para entender o significado da celebración: comer, rir e compartir ao redor do lume é unha linguaxe universal.
Os auxiliares que descubriron o Magosto
Poucos metros máis adiante, outra escena curiosa: nove auxiliares de conversa de Estados Unidos e Inglaterra trataban de acender o lume con paus pequenos, máis ao estilo dun programa de supervivencia que dun pai ourensán cunha churrasqueira.
Era tamén o seu primeiro Magosto, e decidiron celebralo despois de escoitar falar da tradición nos colexios onde traballan. Rebeca, de Florida, explicou en galego que nos centros educativos os mestres falan moito sobre o Magosto e a costume de comer castañas, e que aprenderon que é un festivo moi importante en Ourense, polo que quixeron sumarse.
Para eles, a experiencia vai máis alá do ensino do inglés, pois tamén buscan aprender sobre a cultura galega e integrarse o máximo posible. Mesmo contaron que nos colexios se amosaron libros sobre a celebración, e que os leron tamén para seguir aprendendo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Cuidadoras en los colegios que apoyan en la discapacidad: «Hay más alumnado con diversidad; queremos más formación»
- Aparece muerta la septuagenaria con alzhéimer desaparecida en Avión
- Homenaje en la despedida a una jueza pionera
- Nace el primer Ribeiro criado en ánfora de granito
- Molestó en un autobús y se resistió a los guardias civiles: «Pégame un tiro»
- Una pareja migrante con una niña pierde su casa y a sus mascotas en un incendio: «Da mucha tristeza ver que en minutos se derrumba todo»
- El pueblo fantasma de Couso que rescató un riojano, a la venta por 2,9 millones
- Condenan al Sergas a pagar 60.000 euros por el retraso en una resonancia a una paciente de Ourense con cáncer