Múltiples institucións acordan en Bande cambiar tumbas ao galego
A campaña «En galego, agora e sempre» impulsará o uso da lingua nos camposantos
d. a.
«Se vivimos en galego, por que hemos de morrer en castelán», pensarán moitas familias ao ver que as lápidas dos seus defuntos non conteñen a lingua que os seus antepasados empregaron en vida. Esa é a mesma filosofía baixo a que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) vén de reunir á Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación de Ourense, o arciprestado da Baixa Limia, a Alianza Evanxélica Española e o Insituto de Mediciña Legal de Galicia, co gallo de asinar a denominada «Declaración de Bande», que cambiará o porvir dos defuntos galegos na súa relación co idioma.
A iniciativa enmárcase Día da Restauración da Memoria Lingüística, dentro da campaña «En galego, agora e sempre», un proxecto que ten por obxecto impulsar o uso da lingua galega nos espazos de memoria, nomeadamente nos camposantos e nos actos funerarios. O acordo, asinado onte en Bande, permitirá que a AFNLG colabore na edición dun catálogo de modelos de esquelas e lápidas en lingua galega para seren ofrecidas a empresas funerarias e familias, mentres que obrigará a Política Lingüística a prestar apoio técnico para facer efectiva a normalización do galego nos actos e ritos funerarios, así como outorgar axudas ás empresas funerarias. Do mesmo xeito, a Deputación comprométese a promover o uso do galego nos cemiterios públicos e privados da provincia.
- Veinte años después de llevar el pan de Cea a Europa, Carlos Manuel cede el testigo
- El convenio de hostelería prohíbe más de 9 horas de trabajo al día y fija 12 de descanso
- La Audiencia juzga a un guardia civil acusado de falsificar una infracción
- «Los políticos nos prometieron mucho pero tres meses después del incendio seguimos abandonados»
- Localizan con vida al octogenario que salió a buscar setas al monte en Maceda y no regresó
- La San Martiño tiñe de colores las calles de Ourense
- Más de 8.000 trabajadores de la construcción llamados a la huelga mañana
- Cuatro detenidos por el secuestro exprés de un hombre en Covadonga