Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Amigos do Camiño homenaxea a Eligio Rivas polo seu centenario

O acto reuniu amigos e intelectuais para lembrar a traxectoria vital do frade paúl, investigador e divulgador do Camiño Mozárabe

José Antonio Quintas, na súa intervención.

José Antonio Quintas, na súa intervención.

d. a.

Ourense

A Asociación Cultural Amigos do Camiño Mozárabe – Vía da Prata de Ourense rendeu onte homenaxe ao autor, investigador e defensor da cultura galega Elixio Rivas, polo centenario do seu nacemento. Nun acto organizado no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa colaboración da Deputación de Ourense, os intelectuais e amigos seus en vida, Franciso Fariñas e José Antonio Quintas, lembrarona traxectoria de Rivas entre sorrisos e bágoas contidas de emoción.

Frade paúl, don Eligio (como o anomeaban os convidados alí presentes), foi un documentador autodidacta, investigador das propias palabras, que non entrou en contacto co mundo da cultura intelectual ata que o seu percorrido vital non lle levo a materializar toda a súa experiencia. Misioneiro en Inglaterra e Cuba, retornou a Galicia para secretario no colexio San Narciso de Marín, e alí, con 45 anos, decidiu comezar os estudos de Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, que lle rematarían dando un lugar na historia como un dous primeiros en doutorarse cunha tese en galego.

Foi tamén o maior divulgador do camiño mozárabe, como recoñeceron Fariñas e Quintas, «sen os seus esforzos, un xaponés non pasaría por Laza».

Tracking Pixel Contents