Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Presentación de dous libros sobre Castelao obra do escritor Paco López-Barxas

REDACCIÓN

Ourense

Coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao, o escritor e xornalista da Limia Paco López-Barxas publica dous libros singulares e fermosamente editados por Teófilo Edicións: Castelao entre Nós e Os soños de Daniel. Dous libros de luxo, ilustrados por Isabel Pintado que serán presentados o días 30 no Museo da Limia en Vilar de Santos.

Castelao entre Nós non é un ensaio crítico senón un achegamento á obra e personalidade do autor de Sempre en Galiza, ao que López-Barxas fai falar en primeira persoa. E faino arredor da súa vida e da súa obra, sen esquecer o seu pensamento. Castelao entre Nós é unha proposta ficcionada, un relato artellado de forma amena para achegar a figura de Castelao a un abano amplo de lectores con fin de conquerir a proximidade.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents