A biblioteca pública de Verín, premiada co María Moliner
O ministerio recoñece o proxecto sobre a pioneira investigación psicolóxica de Eloy Luis André

Biblioteca de Verín. | FdV
Redacción
A biblioteca pública municipal de Verín vén de ser galardoada, un ano máis, nos Premios María Moliner de Animación á Lectura 2025, outorgados polo Ministerio de Cultura aos mellores proxecto para fomentar os libros, promover a inclusión social e impulsar a participación cidadá na vida cultural. A iniciativa presentada pola biblioteca de Verín, ‘Eloy Luis André. As curvas melódicas da fala. A esquecida investigación psicolóxica do Dr. André’, foi destacada polo xurado como exemplo de investigación científica e divulgación cultural con raíz local e proxección universal. O traballo, editado polo Concello de Vilardevós, contou coa autoría de Aurora Prieto Tarrío, Vicente Rodríguez Justo, Victor Freixanes, Xosé Ramón Soto, Patrick Feaster e Miguel Losada García, e supuxo un exhaustivo proceso de estudo, recuperación e publicación do legado do pensador Eloy Luis André (Mourazos, 1876 – Madrid, 1935), pioneiro da psicoloxía científica en España.
- Veinte años después de llevar el pan de Cea a Europa, Carlos Manuel cede el testigo
- El convenio de hostelería prohíbe más de 9 horas de trabajo al día y fija 12 de descanso
- La Audiencia juzga a un guardia civil acusado de falsificar una infracción
- «Los políticos nos prometieron mucho pero tres meses después del incendio seguimos abandonados»
- Localizan con vida al octogenario que salió a buscar setas al monte en Maceda y no regresó
- La San Martiño tiñe de colores las calles de Ourense
- Cuatro detenidos por el secuestro exprés de un hombre en Covadonga
- El colegio en el hospital que distrae del ingreso