Galaxia recolle o Premio Trasalba polo seu papel no «renacer cultural e lingüístico de Galicia»
Antón Vidal Andión, presidente da editorial, recibiu o galardón neste ano no que se celebra o 75 aniversario da súa fundación

Miguel Ángel Santalices e Eduardo Pereira entregan o Premio Trasalba a Antón Vidal. / Roi Cruz
Un ano mais, coincidindo co último domingo do mes de xuño, a Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba (Amoeiro), celebrou a festa literaria na que a Fundación Otero Pedrayo, presidida por Eduardo Pereira, entrega o Premio Trasalba, un galardón honorífico que recoñece a labor cultural ou galeguista de persoas ou institucións. Onte, a casa museo de Otero Pedrayo acolleu a homenaxe que nesta edición recaeu na Editorial Galaxia, que no ano actual celebra o 75 aniversario da súa fundación.
O galardón recoñoce todo o que esta entidade das letras ten significado na promoción da cultura e da lingua galega, «así como o papel que desenvolveu no renacer cultural e lingüístico de Galicia desde a súa creación en tempos difíciles ata o momento actual». A acta da comisión da Fundación Otero Pedrayo distingue tamén «o esforzo e entrega ao longo destes anos por difundir, publicar e dar a coñecer a obra e a persoa do insigne ourensán», en relación ao autor de Trasalba.
A entrega do premio tivo lugar ás 12.30 horas, despois da reunión do padroado da Fundación. Asistiron autoridades políticas, como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e representantes das artes e das letras, ademais do presidente da Editorial Galaixa, Antón Vidal Andión, que recolleu o galardón.
Estreita relación de Otero Pedrayo con Galaxia
Na concesión deste premio, que xa teñen recibido persoeiros como Xaquín Lorenzo —na primeira edición en 1983—, Valentín Paz-Andrade, Isaac Díaz Pardo, Pura Vázquez, Xosé Neira Vilas, Antía Cal, Cristina Pato o Luis Davila, a Fundación Otero Pedrayo lembrou a «estreita relación» que Pedrayo, o patriarca das letras galegas, tivo con este proxecto editorial, xa que el foi o primeiro presidente da mesma. Un cargo no que permaneceu desde 1950, ano da súa fundación, ata o seu pasamento en 1976».
No acto presentouse tamén o libro «Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia», a cargo de Xesús Alonso Montero, e asistiu o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que salientou a traxectoria do selo editorial: «É un piar fundamental na transmisión, promoción e difusión da nosa lingua e cultura», apuntou.
Previo á entrega de galardóns reuniuse o Padroado da Fundación Otero Pedrayo para dar conta das actividades realizadas durante o último ano e os proxectos en marcha, entre os que destacan a Revista Trasalba, o campus rural ou a catalogación de obras pictóricas.
A festa literaria que comezou portas adentro da casa museo, continuou cun xantar á sombra dos castiñeiros do souto que no seu día pertenceu á familia do insigne escritor.
- Abogacía de vocación en tiempos difíciles
- El personal avisa sobre los riesgos del paritorio provisional de Ourense: «Las madres no podrán parir dignamente»
- Casa Moreiras y Viña Vella triunfan en los Premios de la D.O. Ribeira Sacra
- Sanidade pide «tranquilidad», pero las embarazadas no están conformes
- Aplazan el juicio porque está enfermo el acusado de conducir borracho y huir del lugar tras un atropello mortal
- Investigan a una empresa minera por vertidos recurrentes al río Cerves, en Ourense
- Gran velada musical en el festival Ou Yeah!
- El nuevo edificio de Aeronáutica consolida un campus «con futuro»