Allariz festexa a súa tradición do boi, cuxa orixe se remonta ao século XIV
A celebración empezou onte cunha comida popular e a primeira saída do animal

Primeira saída do boi na festa histórica de Allariz. | FdV
A.F.
Allariz viviu onte o primer día de un total de nove de programación da súa Festa do Boi, declarada de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2026. A xornada contou cunha comida campestre con moita participación. Pola tarde, entre outras actividades, celebrouse a recreación do trato do boi en Roimelo, unha negociación propia de cando se ía buscar o animal ás aldeas e se acordaba o pagamento. Tamén houbo xugadas mansas de razas galegas e portuguesas, onde os bois se emparellaron. Participaron oito animais que hoxe seguirán expostos durante todo o día no campo da Barreira. Este sábado tamén tivo lugar a entrega do sedeño e a primeira saída do boi, criado nunha explotación de Allariz. O saúdo do correxidor de honor foi este ano para Elena Suárez, que colabora coa Asociación Cutural Xan de Arzúa. A media noite tivo lugar a actuación de Festicultores Troupe na Praza Maior da localidad.
A Festa do Boi de Allariz ten acreditado o seu rigor histórico. As súas orixes remóntanse a 1317, durante as primeiras celebracións na vila do Corpus Christi. A festa foi recuperada en 1983. Vinte anos despois naceu a asociación cultural Xan de Arzúa, que a organiza na actualidade.
A programación deste domingo comeza ás 11 da mañá cun pasarrúas a cargo do grupo De Pé Feito. Ás 12 do mediodía, os veciños da localidade participarán nunha procesión teatralizada medieval de Xan de Arzúa e a recreación da orixe da Festa do Boi. Ás 14:30 os presentes poderán desfrutar dunha comida medieval. Ás 16:30 horas terá lugar o concurso de trobadores e a actuación dos gremios. E ás 21 horas do domingo, unha nova saída do boi.
- Muere un motorista de 53 años en una colisión con un turismo en la A-52 en Riós
- Una médica con una gran invalidez por el covid a la que el Sergas no protegió
- Clamor de embarazadas y profesionales por el traslado del paritorio de Ourense: «Queremos feitos e parir tranquilas»
- En marcha las obras del nuevo edificio de Aeronáutica que descongestionará el campus
- El turismo no se disfruta a más de 40 grados
- Denuncian «involución» y deterioro en el traslado del Materno Infantil
- La DGT expide en Ourense 325 permisos al mes y no hay lista de espera para el examen
- Concellos de O Ribeiro y Carballiño rechazan el nuevo proyecto eólico