Na lembranza de Alexandre Bóveda

Homenaxe, onte, diante da escultura de Bóveda. |  FdV

Homenaxe, onte, diante da escultura de Bóveda. | FdV

REDACCIÓN

Ourense

O Concello de Ourense rendeulle homenaxe un ano máis ao político e intelectual ourensán Alexandre Bóveda, no 122 aniversario do seu nacemento, nun acto institucional fronte a súa casa natal, na rúa da Barreira, no que participaron representantes de todos os grupos políticos municipais (DO, PP, PSdeG PSOE e BNG), da Deputación de Ourense e da Fundación Alexandre Bóveda.

A edila Tamara Silva no nome do Goberno local fixo unha chamada para que «Inspirados polo seu exemplo , debemos esmerarnos no pulo e na permanencia deses valores, especialmente aqueles que ostentemos responsabilidades políticas e sociais de toda índole» e fixo fincapé « nestes tempos en que a nivel mundial corren ventos de enfrontamentos internacionais de tipo bélico e de tipo económico que poderían ser caldo de cultivo para a aparición de réximes totalitarios En gadiu que todolos gruops honramos tamén a todas as persoas o sufriron de xeito semellante, naquela altura da historia do noso país e na ditadura posterior, a persecución, represión ou desterro, e mesmo a morte».

Tracking Pixel Contents