Sandiás celebra o Día das Letras con obradoiros da música oral

Será através do convenio co Proxecto Cultural da Furgoteca

REDACCIÓN

Ourense

No marco das diferentes iniciativas que levará a cabo na programación de verán-outono deste ano 2025 e tendo en conta que a Real Academia Galega acordou adicar o Día das Letras Galegas ás cantareiras, personificándoo nos nomes de seis delas, o Concello de Sandiás organiza un obradoiro co fin de homenaxear e tamén aprender da música popular oral dos pobos de Galicia a través do convenio que ten co Proxecto Cultural da Furgoteca. Trátase dunha actividade con cargo ao presuposto da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O obradoiro estará coordinado por Lucía Casal e Cristina Asenjo. A data do mesmo será o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas ás 18.30 h na Casa de Cultura do Concello e aberto para todos os públicos, persoas individuais, grupos de pandereteiras e cantareiras, etc. Cómpre realizar inscrición no teléfono do Concello de Sandiás  (988 46 50 01 ) entre as 9.00 e 14.30 horas de luns a venres.

Educación vocal

Lucía Casal ocuparase do obradoiro de educación vocal de corte didáctico e práctico, buscando a participación das persoas asistentes. Nel explicaránse tamén as implicacións emocionais da voz como ferramenta expresiva, e como se fan as recollas de música popular oral polos pobos de Galicia. Despois, xunto con Cristina Asenjo, levarán a cabo un concerto de cantigas populares a dúas voces, acompañadas por pandeiretas e acordeón, a modo de mostra dalgunhas cantigas populares.

Ofrecerá educación vocal de corte didáctico e práctica. Implicacións emocionais da voz; mostras e método de recollida de música popular oral e concerto de de Cantigas Populares acompañadas con pandeiretas e acordeón

Cristina é funcionaria, profesora de música en Secundaria, non IES San Mamede (Ourense). Lucía é docente e investigadora no Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo.

Tracking Pixel Contents