Cine político, identidade e memoria nas citas do Cineclube Padre Feijóo

A programación, que inclúe títulos internacionales, comeza hoxe coa estrea de ‘Caigan las rosas blancas’

l.G

Ourense

Entre abril e xuño, o cineclube Padre Feijóo ofrece sesións de filmoteca, ciclos temáticos e a novena edición da Primavera Musical en distintos espazos da cidade.

Arranca así a súa programación de primavera cunha ampla oferta cultural que combina cine clásico e contemporáneo, divulgación social e música en directo. As proxeccións, que terán lugar principalmente na Casa da Cultura da rúa Concello, inclúen sesións de filmoteca ata o 12 de maio, o tradicional ciclo dos mércores con filmes centrados en cuestións de xénero e dereitos, e o X Ciclo do Colexio de Médicos

Pola súa banda, a Primavera Musical, na súa novena edición, levará cine e concertos a espazos emblemáticos como o Café Auriense, o Torgal, El Pueblo e o evento Venrespirar, que se celebrará na praza da Estrela.

A tempada comeza hoxe coa estrea de ‘Caigan las rosas blancas’, unha producción entre Arxentina, Brasil e España da directora Albertina Carri, que presenta unha proposta sobre a memoria e o activismo feminista latinoamericano. O 30 de abril, dentro do ciclo dos mércores, proxectarase Parthenope, do recoñecido director Paolo Sorrentino, que ofrece unha viaxe visual a través da identidade e a nostalxia napolitana.

Todas as proxeccións, así como os prezos e os lugares e horarios pódense consultar na propia páxina do clube. www.cineclubepf.blogspot.com.

Tracking Pixel Contents