Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cristina Pato dedica o premio á igualdade «a todas as mulleres que debruzaron o camiño»

A música, productora e educadora sinalou onte o recibir a XIX edición do Clara Campoamor que «a desigualdade sigue aí» e a política «pode mudar todo nun segundo»

Cristina Pato, no Centro Cultural José  Ángel Valente, tras recibir o seu premio. |  Iñaki Osorio

Cristina Pato, no Centro Cultural José Ángel Valente, tras recibir o seu premio. | Iñaki Osorio

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

M.J.A.

Ourense

A música, escritora e educadora Cristina Pato, recibiu onte o XIX Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, que concede o Concello de Ourense, polo seu traballo como « muller comprometida e referente que reflicte, con total merecemento, o espírito deste premio”, nun emotivo acto que no que dedicou iste recoñecemento «a todalas mulleres e homes da miña vida» non solo as músicas, pensadoras ou escritoras, tamén ás avoas, irmás amigas, «que debruzaron antes o camiño».

A concelleira de Igualdade Noa Rouco, Cristina Pato e o alcalde Gonzalo P. Jácome. |  Iñaki Osorio

A concelleira de Igualdade Noa Rouco, Cristina Pato e o alcalde Gonzalo P. Jácome. | Iñaki Osorio

No acto, que tivo lugar no Centro Cultural José Ángel Valente no que a súa irmá Raquel Pato fixo unha fermosa presentación daquela nena de continuo sorriso, que era desde pequena «música e arte»·, Cristina Pato agradeceu un a un o premio a cada membro do xurado, para subriñar que «so hai que botar unha mirada para ver que a desigualde sigue aí, tanto a nivel social como insitucional. Un mirar cara a política internacional, para decatarnos que, nun segundo, todo pode mudar radicalmente debido a un cambio no poder.

A premiada escolleu unha frase de Clara Campoamor para lembrar que «é imposible imaxinar unha muller dos tempos modernos que non aspire a liberdade, pero esa búsqueda non sempre é un dereito; por eso é unha responsabilidade de todas nos para con todas nos» sinalou , seguir loitando por ela.

Como irmá pequena «duhna familia de mulleres»·, algo polo que se sinte «unha privilexiada» , lembrou que «sempre houbo unha muller dunha xeneración anterior a nosa que abría unha porta para que poidamos atravesala tanto músicas artistas, escritoras, como como «nais, avoas tías irmás; todas estaban alí antes».

A súa súa obriña Quela, a súa nai, «o a mor da miña vida» a cada unha das súas irmás, as amigas como guías q ue «camiñando os seus camiños pasados e futuros ensinanme a camiñar o meu» dedicoulle o premio «e tamén para todos o homes» que acompañaron e acompañan.

Citou a Michelle Obama

Rematou lembrando a Michelle Obama cunha frase: «a igualdade é algo polo que temos que loitar a cotío, pois é un exercicio que comeza e remata con nós; si nos rendemos seremos herdeiras dun país que non se parecerá nin a nós, a ningún dos valores nos que creemos».

A concelleira de Igualdade Noa Rouco, foi a encargada de facer a lembranzade Cristina Pato, música, escritora, educadora e produtora, que comezou a súa formación musical no Conservatorio Municipal de Música de Ourense e aos 6 anos ingresou na Real Banda de Gaitas de Ourense.

Aos 18 publicou o seu primeiro disco titulado «Tolemia», co que se converteu na primeira muller en gravar un disco en solitario como gaiteira en España. O seu traballo e proxección internacional vén avalada por infinidade de premios. En 2017 recibiu un Grammy xunto á banda Silk Road Ensemble, coa que colabora en Nova York, e nese mesmo ano recibiu a Medalla Castelao. A partir de aí segue mergullada nos máis diversos campos do saber, o ensaio a música e a arte, algo que según a súa irmá levaba xunguido a pel como ADN dende nena o mesmo co seu engaiolante sorriso. A cativa dos Pato, veu para deixar pegada.

Tracking Pixel Contents