O galego dinamiza o patio do recreo
O CEIP O Couto programa actividades para fomentar o idioma: «Conseguimos que teñan una valoración positiva cara a lingua»

Alumnas de 4º curso durante os xogos no recreo deste luns, no CEIP O Couto. / Iñaki Osorio
Non é o idioma que falan habitualmente, pero si co que xogan no recreo. Durante tres semanas, o galego será o rei do patio no CEIP O Couto de Ourense, nunha iniciativa que forma parte do proxecto «Falemos+» que da continuidade ao programa «21 días co galego» co que a Xunta promove o uso do galego oral entre a xente nova dentro e fora das aulas.
Neste centro educativo da cidade de Ourense, a coordinadora de Dinamización da Lingua Galega, Patricia López Rodríguez, propúxose dinamizar o patio do colexio con xogos nos que a lingua fose protagonista, pero tamén creando un espazo de convivencia que non é habitual neste CEIP.
«Os patios están divididos e os alumnos de diferentes cursos non coinciden, así que decidimos xuntalos», explica a docente. Os cursos más avanzados, 4º, 5º, e 6º de Primaria asumen o rol de monitores e axudan cos xogos aos de Infantil e 1º, 2º, e 3º. Unha xerarquía na que todos están «encantados», afirma Patricia, que destaca a implicación de todo o alumnado neste proxecto que se desenvolverá durante 21 xornadas.

No proxecto participan alumnos de todas as estapas educativas. / Iñaki Osorio
A programación comezou o luns 10 e cada día hay unha actividade: falar, xogar, ciencia, escribir e ler e cantar e bailar. Dunha «caixa de sorpresas» van sacando tarxetas con palabras en galego sobre as que orbita o xogo. Desde pintar e debuxar con tizas de cores a facer un boneco de neve con bicarbonato ou disputar unha carreira de obstáculos.

Un dos xogos na xornada deste luns. / Iñaki Osorio
«Os nenos o pasan xenial e aprenden moito vocabulario», asegura a profe. ¿Afianza o uso da lingua? «Non, cóstalle», admite Patricia, «pero estas actividades o que fan e que teñan unha valoración positiva cara o galego, que non digan ‘que rollo, en galego’, como pasaba hai anos. Agora xa ningúen o di», sinala.
- «Que no se hagan ilusiones; las reformas del papa no tienen vuelta atrás, salvo que quieran una Iglesia de museo»
- Un matrimonio y su hijo mueren en Taboadela por inhalar los gases de un generador durante el apagón
- Buscan en el Miño a un hombre desaparecido ayer en Ourense
- A Teresa, de 93 años y en silla de ruedas, la subieron en volandas a su casa de Ourense, un tercer piso
- La senda de 4 kilómetros que cruzará la ciudad estará terminada en verano
- Muere tras un infarto al volante un conductor de 92 años con el carné caducado desde 2019, sin ITV ni seguro
- Radioaficionados mantuvieron activa la comunicación sin necesidad de red eléctrica
- Madrugada de incertidumbre a oscuras en Ourense