‘Mulleres ilustradas da Limia’, un libro que homenaxea a catro referentes de Sandiás

Cartel da presentación. |  FdV

Cartel da presentación. | FdV

Redacción

Ourense

Este venres 7 de marzo, ás 20 horas, preséntase na Casa da Cultura de Sandiás o libro «Mulleres ilustradas da Limia», que pon en valor as biografías de catro mulleres senlleiras deste condello. O libro foi elaborado polo CEIP Rosalía de Castro e ANPA do centro, coa colaboración do Centro de Desenvolvemento rural CDR O Viso.

O acto brinda un eloxio ás mulleres, a súa memoria e historia a cabalo do pasado, do presente e do futuro. O acto estará coordinado por Rochi Nóvoa, escritora, pintora e mestra de Sobradelo (Xunqueira de Ambia). Participarán o director do CEIP Rosalía e un representante da ANPA, así como colaboradores do CDR O Viso e mulleres homenaxeadas e achegados. Tamén poderá visitarse unha exposición sobre as 43 biografías e debuxos do libro.

Con Carmen Seguín, da aldea de Coalloso, faise memoria de mulleres coñecidas e anónimas de Sandiás que sufriron unha historia que «provoca dor pola inxustiza, polas perdas e mortes e polo futuro truncado dun país que soñaba ser libre». Coa Noemí Vázquez e Amalia Gómez, das aldeas de Piñeiras de Arcos e Novaíño, saliéntase o labor de emprendedoras en diferentes eidos da vida económica e cultural. Coa Concepción Méndez Gándara, da aldea de Sandiás, o foco ponse nas mulleres «implicadas na acción política municipalista en favor das liberdades democráticas».

Tracking Pixel Contents