‘Filmei paxaros voando’, no Cineclube Padre Feijoo

Trátase do debut da ourensana Zeltia Outeiriño

L.G.

Ourense

Este luns, a Casa da Cultura de Ourense acolle a estrea de ‘Filmei paxaros voando’, a primeira longametraxe da directora ourensana Zeltia Outeiriño. A proxección, incluída no ciclo ‘Luns de Filmoteca’, terá lugar ás 20.30 horas, nunha una única sesión, na que Outeiriño presentará o seu traballo, un documental de carácter autobiográfico e familiar.

‘Filmei paxaros voando’ narra o regreso de Zeltia a Galicia tras dúas décadas en Barcelona, co obxectivo de explorar o seu desarraigo familiar. A través da vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil, e da relación coa súa propia nai, Socorro, a directora aborda as dinámicas familiares e o reencontro entre nai e filla nun momento delicado.

A entrada é gratuita para os socios do Cineclube Padre Feijoo e ten un coste de 3 euros para o público xeral. A taquilla abrirá 30 minutos antes da proxección da película, cun aforo limitado a 110 prazas. Non está recomendada para menores de 7 anos.

Tracking Pixel Contents